Close

diciembre 19, 2023

A compostelá Laura Méndez Vergel gaña a segunda edición do Premio de Ensaio Camiño de Santiago

A autora recibirá o galardón, convocado pola Academia Xacobea coa colaboración da Consellería de Cultura e o patrocinio de Aluminios Cortizo, pola obra “O Camiño de Santiago: guía de guías”

O premio está dotado con 3.000 euros e a obra será publicada pola Editorial Galaxia

Santiago de Compostela. Martes, 19 de decembro de 2023. A segunda edición do Premio de Ensaio Camiño de Santiago, convocado pola Academia Xacobea coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e o patrocinio da empresa Aluminios Cortizo, xa ten gañadora. O xurado integrado por Marcelino Agís Villaverde (presidente), Ulises Bértolo García (secretario) e María Josefa Sanz Fuentes, Milagros Otero Parga, Xosé Ramón Rodríguez Lago e Armando Requeixo (vogais) decidiu galardoar a Laura Méndez Vergel pola obra O Camiño de Santiago: guía de guías. A gañadora recibirá un premio económico de 3.000 euros e, ademais, verá a súa obra publicada pola Editorial Galaxia. A publicación será presentada en datas próximas.

Laura Méndez Vergel, con domicilio en Santiago de Compostela, graduouse en Historia da Arte na Universidade de Salamanca e cursou o Máster en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos da USC no 2019. Ademais, realizou estancias internacionais na Universidade da Sorbona (París) e na Universidade de Toulouse-Jean Jaurés; formándose tamén no Museo da Fundación Catedral de Santiago e no Museo das Peregrinacións desta mesma cidade.

A autora únese así a Jesús Curros Neira, gañador da primeira edición deste certame pola obra Escenas, imaxes e sons do Camiño.

La compostelana Laura Méndez Vergel gana la segunda edición del Premio de Ensayo Camino de Santiago

La autora recibirá el galardón, convocado por la Academia Xacobea con la colaboración de la Consellería de Cultura y el patrocinio de Aluminios Cortizo, por la obra “El Camino de Santiago: guía de guías”

El premio está dotado con 3.000 euros y la obra será publicada por la Editorial Galaxia

Santiago de Compostela. Martes, 19 de diciembre de 2023. La segunda edición del Premio de Ensayo Camino de Santiago, convocado por la Academia Xacobea con la colaboración de la Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades, y el patrocinio de la empresa Aluminios Cortizo, ya tiene ganadora. El jurado integrado por Marcelino Agís Villaverde (presidente), Ulises Bértolo García (secretario) y María Josefa Sanz Fuentes, Milagros Otero Parga, Xosé Ramón Rodríguez Lago y Armando Requeixo (vocales) ha decidido galardonar a Laura Méndez Vergel por la obra El Camino de Santiago: guía de guías. La ganadora recibirá un premio económico de 3.000 euros y, además, verá su obra publicada por la Editorial Galaxia. La publicación será presentada en fechas próximas.

Laura Méndez Vergel, con domicilio en Santiago de Compostela, se graduó en Historia del Arte en la Universidad de Salamanca y cursó el Máster en Estudios Medievales Europeos: Imágenes, Textos y Contextos de la USC en el 2019. Además, ha realizado estancias internacionales en la Universidad de La Sorbona (París) y en la Universidad de Toulouse-Jean Jaurés; formándose también en el Museo de la Fundación Catedral de Santiago y en el Museo de las Peregrinaciones de esta misma ciudad.

La autora se une así a Jesús Curros Neira, ganador de la primera edición de este certamen por la obra Escenas, imágenes y sonidos del Camino.