Close

junio 27, 2022

Darío Villanueva ingresa en la Academia Xacobea reafirmando su compromiso con el estudio de la aportación del Camino a los pueblos de Europa

La institución ha celebrado esta tarde dos sesiones solemnes para dar entrada también como nuevos académicos a Xosé Luis Barreiro, José de Cora, María Pérez de Herrasti y Urquijo e Íñigo Méndez de Vigo

El conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, y el rector de la Universidad de Santiago de Compostela, Antonio López, han presidido los actos desarrollados en el Paraninfo de la USC

Santiago de Compostela. Lunes, 27 de junio del 2022. La Academia Xacobea ha celebrado esta tarde dos sesiones solemnes para dar entrada a nuevos miembros y proseguir así con su dinámica de incorporar a “figuras de gran relevancia y trascendencia intelectual, académica y profesional”. Esas han sido las palabras con las que el presidente de la Academia Xacobea, Xesús Palmou, ha definido a Darío Villanueva en el primero de los dos actos celebrados en el Paraninfo de la Universidad de Santiago de Compostela (USC) y que ha servido para formalizar el ingreso en la institución como Académico de Número de quien fue rector de la universidad compostelana y director de la Real Academia Española, además de “amante y estudioso del fenómeno jacobeo y del Camino de Santiago”. “A partir de hoy, la Academia Xacobea cuenta con una mente privilegiada, un trabajador infatigable. Un nuevo faro que iluminará nuestro Camino con luz potente y clara, como una garantía más de acierto en nuestro futuro caminar, siguiendo las huellas jacobeas en un mundo que queremos de paz, concordia, fraternidad y solidaridad, lamentablemente lejos aún de la realidad”, ha explicado Xesús Palmou en el transcurso del acto presidido por el rector de la USC, Antonio López Díaz, y por el conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades, Román Rodríguez.

Darío Villanueva ha parafraseado a Miguel de Cervantes para atribuir al “favor y la ventura” este nombramiento. “Ventura por el azar favorable del que soy beneficiario, quizás también por la oportunidad de estar en determinado lugar en el momento más apropiado. Pero sobre todo, favor: el que los miembros del pleno de la Academia Xacobea me hicisteis llamándome a formar parte de vuestra prometedora corporación”. Además, ha mostrado su satisfacción por sumarse a una institución que ha nacido “para atender a un fenómeno prodigioso y milenario que desde Galicia interpeló históricamente a toda Europa y sigue haciéndolo”, y ha manifestado su compromiso con “continuar contribuyendo a la revisión de lo mucho que, a lo largo de un milenio, el Camino de los caminos ha aportado a los pueblos de Europa, sin cerrar las puertas, sobre todo en los últimos años, a peregrinos y personas interesadas de todo el mundo”.

Villanueva también ha tenido palabras de agradecimiento para María Teresa Carballeira, la académica encargada de dar respuesta a su discurso. “Su madrinazgo tiene para mí una significación adicional, porque además de su condición de catedrática en la Facultad de Derecho de mi alma mater, desempeña la importante función de secretaria ejecutiva del Grupo Compostela de Universidades, una de las más destacadas redes académicas europeas cuyo nacimiento tuve la suerte de compartir en el primer año de mi mandato como rector en 1994”, ha recordado el nuevo académico. En su intervención ha recordado, asimismo, su reciente responsabilidad como comisario de la exposición Xacobeo. Las huellas del Camino, promovida por la Xunta, la Biblioteca Nacional Española y Acción Cultural Española, y siguiendo las acepciones de la palabra huella ha realizado un repaso a la historia, las singularidades y particularidades, y la importancia del fenómeno de la peregrinación a Santiago desde sus orígenes.

Más incorporaciones

Tras el acto de ingreso de Darío Villanueva, la Academia Xacobea ha celebrado una segunda sesión solemne en la que ha procedido a oficializar la entrada de otros cuatro nuevos miembros. Se trata del politólogo y articulista Xosé Luis Barreiro Rivas, el periodista y escritor José de Cora Paradela, y el juristas, político y exministro Íñigo Méndez de Vigo, que se incorporan como Académicos de Honor, y de María Pérez de Herrasti y Urquijo, integrante del Patronato de la Fundación Comendadoras de Santiago, que lo hace como Académica Correspondiente. A todos ellos dio la bienvenida Ulises Bértolo, secretario de la Academia Xacobea, señalando que esta institución es “es un crisol de experiencias en torno al Camino de Santiago y lo que significa” y que con estas cuatro incorporaciones incrementa su valor y conocimiento, y su capacidad de prestar un mejor servicio a la sociedad.

Darío Villanueva ingresa na Academia Xacobea reafirmando o seu compromiso co estudo da achega do Camiño de Santiago aos pobos de Europa

A institución celebrou esta tarde dúas sesións solemnes para dar entrada tamén como novos académicos a Xosé Luís Barreiro, José de Cora, María Pérez de Herrasti y Urquijo e Íñigo Méndez de Vigo

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, presidiron os actos desenvolvidos no Paraninfo da USC

Santiago de Compostela. Luns, 27 de xuño do 2022. A Academia Xacobea celebrou esta tarde dúas sesións solemnes para dar entrada a novos membros e proseguir así coa súa dinámica de incorporar a “figuras de gran relevancia e transcendencia intelectual, académica e profesional”. Esas foron as palabras coas que o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, definiu a Darío Villanueva no primeiro dos dous actos celebrados no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que serviu para formalizar o ingreso na institución como Académico de Número de quen foi reitor da universidade compostelá e director da Real Academia Española, ademais de “amante e estudoso do fenómeno xacobeo e do Camiño de Santiago”. “A partir de hoxe, a Academia Xacobea conta cunha mente privilexiada, un traballador infatigable. Un novo faro que iluminará o noso Camiño con luz potente e clara, como unha garantía máis de acerto no noso futuro camiñar, seguindo as pegadas xacobeas nun mundo que queremos de paz, concordia, fraternidade e solidariedade, lamentablemente lonxe aínda da realidade”, explicou Xesús Palmou no transcurso do acto presidido polo reitor da USC, Antonio López Díaz, e polo conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez.

Darío Villanueva parafraseou a Miguel de Cervantes para atribuír ao “favor e a ventura” este nomeamento. “Ventura polo azar favorable do que son beneficiario, quizais tamén pola oportunidade de estar en determinado lugar no momento máis apropiado. Pero sobre todo, favor: o que os membros do pleno da Academia Xacobea fixéstesme chamándome a formar parte da vosa prometedora corporación”. Ademais, mostrou a súa satisfacción por sumarse a unha institución que naceu “para atender a un fenómeno prodixioso e milenario que desde Galicia interpelou historicamente a toda Europa e segue facéndoo”, e manifestou o seu compromiso con “continuar contribuíndo á revisión do moito que, ao longo dun milenio, o Camiño dos camiños achegou aos pobos de Europa, sen pechar as portas, sobre todo nos últimos anos, a peregrinos e persoas interesadas de todo o mundo”. 

Villanueva tamén tivo palabras de agradecemento para María Teresa Carballeira, a académica encargada de dar resposta ao seu discurso. “O seu madriñado ten para min unha significación adicional, porque ademais da súa condición de catedrática na Facultade de Dereito da miña alma mater, desempeña a importante función de secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, unha das máis destacadas redes académicas europeas cuxo nacemento tiven a sorte de compartir no primeiro ano do meu mandato como reitor en 1994”, lembrou o novo académico. Na súa intervención remitiuse, así mesmo, a súa recente responsabilidade como comisario da exposición Xacobeo. As pegadas do Camiño, promovida pola Xunta, a Biblioteca Nacional Española e Acción Cultural Española, e seguindo as acepcións da palabra pegada realizou un repaso á historia, as singularidades e particularidades, e a importancia do fenómeno da peregrinación a Santiago desde as súas orixes.

Máis incorporacións

Tras o acto de ingreso de Darío Villanueva, a Academia Xacobea celebrou unha segunda sesión solemne na que procedeu a oficializar a entrada de outros catro novos membros. Trátase do politólogo, profesor e articulista Xosé Luis Barreiro Rivas, o xornalista e escritor José de Cora Paradela, e o xurista, político e exministro Íñigo Méndez de Vigo, que se incorporan como Académicos de Honra, e de María Pérez de Herrasti y Urquijo, integrante do Padroado da Fundación Comendadoras de Santiago, que o faio como Académica Correspondente. A todos eles deu a benvida Ulises Bértolo, secretario da Academia Xacobea, sinalando que esta institución é “un crisol de experiencias en torno ao Camiño de Santiago e o que significa” e que con estas catro incorporacións incrementa o seu valor e coñecemento, e a súa capacidade de prestar un mellor servizo á sociedade.