Close

XXI Xornadas ‘Mar por medio’: comunicación e proxección dos valores xacobeos

A Academia Xacobea celebrará os días 10 e 11 de outubro en Ribadeo a XXI edición das Xornadas «Mar por Medio», que este ano levan por título «Comunicación e proxección dos valores xacobeos». O encontro, organizado pola Academia coa colaboración da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Oviedo e o Concello de Ribadeo, reunirá académicos, xornalistas e representantes das asociacións de amigos do Camiño de Santiago nunha nova cita xa consolidada no calendario da institución.

Sábado: comunicación e valores do Camiño

A xornada do sábado 10 de outubro desenvolverase na Casa do Concello de Ribadeo, no Salón dos Alcaldes. Tras a recollida de documentación e o acto inaugural, ás 10:30 horas Ricardo Polín, académico correspondente da Academia Xacobea, ofrecerá a conferencia «Camiñar sobre palabras. As calzadas que nos falan en voz baixa», presentada pola secretaria xeral da Academia, Milagros Mª Otero Parga.

Ás 12:00 horas terá lugar a mesa redonda «Os Camiños de Santiago, rutas de comunicación: do local ao internacional», na que participarán responsables de medios de comunicación galegos: Alfonso A. Riveiro (director de El Progreso), María Martínez Guntín (delegada de La Voz de Galicia en Lugo e Monforte de Lemos), Daniel Otero Viña (director da COPE Galicia e Asturias), Mario Moreno Gil (director rexional de Galicia en Cadena SER), Ramón Castro (xornalista de Onda Cero en Santiago) e Alejandro López Carballeira (director da Área de Información e Documentación da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia). A mesa estará moderada por Luís Celeiro Álvarez, xornalista e académico numerario da Academia Xacobea.

Pola tarde, ás 16:30 horas, celebrarase a mesa redonda «Os valores do Camiño de Santiago e o parecer das asociacións», na que intervirán representantes de varias entidades de amigos do Camiño: Rafael Sánchez Bargiela (Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, AGACS), Luís Fernández Ansedes (Asociación «Abrindo Camiño» de Mondoñedo), Laureano García Díez (Asociación de Amigos do Camiño de Santiago Astur-Galaico do Interior), Valeriano Teja Oruña (Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago por Cantabria) e Manuel Vicente González (Asociación Amigos do Camiño do Mar), moderados por Mª Josefa Sanz Fuentes, vicepresidenta segunda da Academia Xacobea.

Tras unha saída ao Santuario da Nosa Señora das Virtudes, na Ponte de Arante, a xornada do sábado pecharase coa conferencia de clausura «Confesións híbridas académicas. Dámaso Alonso en Mar por Medio», a cargo de Darío Villanueva, catedrático emérito da USC e exdirector da Real Academia Española, moderada por Ulises Bértolo, vicepresidente primeiro da Academia. O acto de clausura incluirá a entrega de diplomas e o recoñecemento da Academia Xacobea á Coral Polifónica de Ribadeo e ao Concello de Ribadeo, que ofrecerá un concerto ás 20:00 horas para pechar a xornada.

Domingo: ingreso de novos académicos

O domingo 11 de outubro, no Auditorio de Ribadeo, a Academia Xacobea celebrará ás 12:00 horas a sesión solemne de ingreso de novos académicos: John Rutherford, como académico de honra, e Manuel Valín Valdés, como académico correspondente. O acto pecharase, ás 13:00 horas, cunha actuación musical a cargo da soprano Esperanza Mara.

Inscrición

A participación nas Xornadas pode formalizarse no formulario incluído ao final desta páxina ata o 7 de outubro de 2026.

PROGRAMA COMPLETO

XXI Jornadas ‘Mar por medio’: comunicación y proyección de los valores jacobeos

La Academia Xacobea celebrará los días 10 y 11 de octubre en Ribadeo la XXI edición de las Jornadas «Mar por Medio», que este año llevan por título «Comunicación y proyección de los valores xacobeos». El encuentro, organizado por la Academia con la colaboración de la Xunta de Galicia, la Universidad de Santiago de Compostela, la Universidad de Oviedo y el Concello de Ribadeo, reunirá a académicos, periodistas y representantes de las asociaciones de amigos del Camino de Santiago en una nueva cita ya consolidada en el calendario de la institución.

Sábado: comunicación y valores del Camino

La jornada del sábado 10 de octubre se desarrollará en la Casa del Concello de Ribadeo, en el Salón de Alcaldes. Tras la recogida de documentación y el acto inaugural, a las 10:30 horas Ricardo Polín, académico correspondiente de la Academia Xacobea, ofrecerá la conferencia «Caminar sobre palabras. Las calzadas que nos hablan en voz baja», presentada por la secretaria general de la Academia, Milagros Mª Otero Parga.

A las 12:00 horas tendrá lugar la mesa redonda «Los Caminos de Santiago, rutas de comunicación: de lo local a lo internacional», en la que participarán responsables de medios de comunicación gallegos: Alfonso A. Riveiro (director de El Progreso), María Martínez Guntín (delegada de La Voz de Galicia en Lugo y Monforte de Lemos), Daniel Otero Viña (director de la COPE Galicia y Asturias), Mario Moreno Gil (director regional de Galicia en Cadena SER), Ramón Castro (periodista de Onda Cero en Santiago) y Alejandro López Carballeira (director del Área de Información y Documentación de la Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia). La mesa estará moderada por Luís Celeiro Álvarez, periodista y académico numerario de la Academia Xacobea.

Por la tarde, a las 16:30 horas, se celebrará la mesa redonda «Los valores del Camino de Santiago y el parecer de las asociaciones», en la que intervendrán representantes de varias entidades de amigos del Camino: Rafael Sánchez Bargiela (Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, AGACS), Luís Fernández Ansedes (Asociación «Abrindo Camiño» de Mondoñedo), Laureano García Díez (Asociación de Amigos do Camiño de Santiago Astur-Galaico do Interior), Valeriano Teja Oruña (Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago por Cantabria) y Manuel Vicente González (Asociación Amigos do Camiño do Mar), moderados por Mª Josefa Sanz Fuentes, vicepresidenta segunda de la Academia Xacobea.

Tras una salida al Santuario de Nuestra Señora de las Virtudes, en Ponte de Arante, la jornada del sábado se cerrará con la conferencia de clausura «Confesiones híbridas académicas. Dámaso Alonso en Mar por Medio», a cargo de Darío Villanueva, catedrático emérito de la USC y exdirector de la Real Academia Española, moderada por Ulises Bértolo, vicepresidente primero de la Academia. El acto de clausura incluirá la entrega de diplomas y el reconocimiento de la Academia Xacobea a la Coral Polifónica de Ribadeo y al Concello de Ribadeo, que ofrecerá un concierto a las 20:00 horas para cerrar la jornada.

Domingo: ingreso de nuevos académicos

El domingo 11 de octubre, en el Auditorio de Ribadeo, la Academia Xacobea celebrará a las 12:00 horas la sesión solemne de ingreso de nuevos académicos: John Rutherford, como académico de honor, y Manuel Valín Valdés, como académico correspondiente. El acto se cerrará, a las 13:00 horas, con una actuación musical a cargo de la soprano Esperanza Mara.

Inscripción

La participación en las Jornadas puede formalizarse en el formulario al final de esta página, hasta el 7 de octubre de 2026.

PROGRAMA COMPLETO