Close

Premios

Premio de Novela Camiño de Santiago

A Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e co patrocinio de Aluminios Cortizo, convoca o IV Premio de Novela Camiño de Santiago, dotado cun premio de 3.000 euros e aberto ao envío de orixinais en galego ou castelán ata o 25 de novembro de 2026.

La Academia Xacobea, en colaboración con la Secretaría Xeral da Lingua de la Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de la Xunta de Galicia y con el patrocinio de Aluminios Cortizo, convoca el IV Premio de Novela Camiño de Santiago, dotado con un premio de 3.000 euros y abierto al envío de originales en gallego o castellano hasta el 25 de noviembre de 2026.

BASES

III Premio de Novela Camiño de Santiago 2025
Argonautas no labirinto – Fernando García Calderón

Un día, ao espertar, Argus descobre que perdeu a memoria. Con paciencia e enxeño, emprende a aventura de recuperala, acompañado en tan complicada empresa de Runa e Rodri, os seus dous Erres favoritos. Os seus descubrimentos e confidencias fortalecerán a amizade do trío, de par que lles abrirán a porta a unha exploración do Camiño de Santiago ateigada de enigmas, onde as construcións e andanzas dos seus antigos protectores, os cabaleiros templarios, e o ancestral xogo da oca proporcionarán valiosas pistas. A eles uniráselles un grupo de novos alumnos na procura do maior dos tesouros: o coñecemento, tanto o do ser humano, reflexo da nosa esencia e evolución, como o coñecemento íntimo, dun mesmo.

II Premio de Novela Camiño de Santiago 2021
Cruzados por el camino – José G. Barral

A finales del año 2010 comienza a extenderse en medios eclesiásticos el presentimiento de que la seguridad del papa Benedicto XVI podría estar comprometida en la visita a Santiago de Compostela. De este modo se inicia una frenética pesquisa de sospechas e indicios donde personajes singulares confluyen para dar con la supuesta intriga. La novela traslada al lector, sin renunciar a la mordacidad, a lugares singulares de la ruta jacobea, dando pie a un relato que entrelaza el arte, el ocultismo y la figura del apóstol en una desenfrenada carrera contra las conjuras y el tiempo.

I Premio de Novela Camiño de Santiago 2018
Camiño de Paixóns – Carlos Meixide

Unha historia que o seu autor define como pulp e que toma o Camiño de Santiago coma un pretexto para explorar a natureza humana a partir de dúas mulleres que, levadas polo azar e pola paixón, farán o Camiño xuntas. Polo medio, un caso de terrorismo internacional inesperado. Unha reflexión tamén sobre o poder do erotismo e das moitas formas do amor.

Premio de Ensaio Camiño de Santiago

Proximamente.

II Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2023
O camiño de Santiago. Guía de guías – Laura Méndez Vergel

O Camiño de Santiago. Guía de guías analiza o itinerario xacobeo para un estudo sociohistórico a través das ideas que se reflicten nos tempos polos que transitou, e dar luz as mentalidades que foron aparecendo na transición do pleno medievo ao baixo medievo na sociedade occidental, centrándose en catro conceptos: actores, motivacións, camiño e creación, en cuxa revisión histórica se aprecian matices que se van reformulando co cambio de pensamento medieval.

I Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2020
Escenas, imaxes e sons do camiño – Jesús Curros Neira

Estamos diante dun ensaio que pon en valor a visión e o aproveitamento de todo o relacionado co tema xacobeo desde distintos ángulos culturais. O autor ofrécenos un texto elegantemente escrito, de fácil e amena lectura que, sen dúbida, captará a atención do lector desde as primeiras páxinas. A arquitectura, a literatura, non só a galega e española, senón toda a literatura universal, pasando pola música, tanto sagrada como profana, o cine, e xéneros como o cómic ou a banda deseñada, cítanse nesta obra que foi merecente do Premio Camiño de Santiago 2020. Unha visión global dun fenómeno global, como é o camiño xacobeo.