I Xornadas Camiños Pontevedreses: “A Ruta do Padre Sarmiento”
O Mosteiro de Poio acollerá o sábado 19 de setembro de 2026 as I Xornadas «Camiños Pontevedreses: o Roteiro do Padre Sarmiento a Santiago, rodeando o Salnés», organizadas pola Academia Xacobea co patrocinio da Deputación de Pontevedra e a colaboración do Concello de Poio e a Xunta de Galicia. A inscrición para as I Xornadas «Camiños Pontevedreses» xa está aberta. FORMULARIO AO FINAL DESTA NOTICIA.
O acto arrincará ás 09:30 horas coa apertura a cargo do presidente da Academia Xacobea, Marcelino Agís, xunto ao alcalde de Poio, Ángel Moldes, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez. A continuación, o propio Marcelino Agís Villaverde impartirá a conferencia inaugural, «O Padre Sarmiento, viaxeiro», moderada por Emma Falque Rey.
Pola mañá terán lugar dúas mesas redondas. Ás 11:00 horas, «Retos e oportunidades da Ruta do Padre Sarmiento» reunirá a Anxo M. Lorenzo Suárez (director xeral de Cultura da Xunta de Galicia), J. Ramón García Guinarte (xerente da Mancomunidade do Salnés) e Rocío Cochón (primeira tenente de alcalde e concelleira de Turismo de Poio), moderados por Jesús de Juana López. Ás 12:30 horas, o foco pasará á «Illa de Tambo no roteiro do Padre Sarmiento», con Claudio Quintillán (presidente da Irmandade Illa de Tambo) e o investigador e escritor Lino J. Pazos Pérez, moderados pola académica Teresa Carballeira Rivera.
Ás 13:45 horas terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas, coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e das demais autoridades e representantes participantes na xornada.
Pola tarde, desde as 16:00 horas, o programa continúa fóra do mosteiro cunha visita guiada a Combarro e, despois, á Illa de Tambo, guiada polo historiador da UNED Buenaventura Aparicio Casado. A xornada rematará ás 20:00 horas coa chegada ao porto de Combarro.
I Xornadas Camiños Pontevedreses: “A Ruta do Padre Sarmiento”
El Monasterio de Poio acogerá el sábado 19 de septiembre de 2026 las I Jornadas «Caminos Pontevedreses: la Ruta del Padre Sarmiento a Santiago, rodeando el Salnés», organizadas por la Academia Xacobea con el patrocinio de la Diputación de Pontevedra y la colaboración del Ayuntamiento de Poio y la Xunta de Galicia. La inscripción para las I Jornadas «Caminos Pontevedreses» ya está abierta. FORMULARIO AL FINAL DE ESTA NOTICIA.
El acto arrancará a las 09:30 horas con la apertura a cargo del presidente de la Academia Xacobea, Marcelino Agís, junto al alcalde de Poio, Ángel Moldes, y el presidente de la Diputación de Pontevedra, Luis López Diéguez. A continuación, el propio Marcelino Agís Villaverde impartirá la conferencia inaugural, «El Padre Sarmiento, viajero», moderada por Emma Falque Rey.
Por la mañana tendrán lugar dos mesas redondas. A las 11:00 horas, «Retos y oportunidades de la Ruta del Padre Sarmiento» reunirá a Anxo M. Lorenzo Suárez (director xeral de Cultura de la Xunta de Galicia), J. Ramón García Guinarte (gerente de la Mancomunidad del Salnés) y Rocío Cochón (primera teniente de alcalde y concejala de Turismo de Poio), moderados por Jesús de Juana López. A las 12:30 horas, el foco pasará a «La isla de Tambo en la ruta del Padre Sarmiento», con Claudio Quintillán (presidente de la Irmandade Illa de Tambo) y el investigador y escritor Lino J. Pazos Pérez, moderados por la académica Teresa Carballeira Rivera.
A las 13:45 horas tendrá lugar el acto de clausura y entrega de diplomas, con la presencia del presidente de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, y de las demás autoridades y representantes participantes en la jornada.
Por la tarde, desde las 16:00 horas, el programa continúa fuera del monasterio con una visita guiada a Combarro y, después, a la Isla de Tambo, guiada por el historiador de la UNED Buenaventura Aparicio Casado. La jornada terminará a las 20:00 horas con la llegada al puerto de Combarro.
Formulario de inscrición / Formulario de inscripción / Registration form
A inscrición é gratuíta.
Os importes correspondentes ao aloxamento e á manutención, se é o caso, deberán ingresarse previamente na conta da Academia Xacobea: ES50 2080 0300 8630 4557 4608 – Titular: Academia Xacobea.
English
La inscripción es gratuita.
Los importes de habitación y comida, en su caso, deben ingresarse en la cuenta de la
Academia Jacobea con anterioridad: ES50 2080 0300 8630 4557 4608 – Titular: Academia
Xacobea.
Registration is free of charge.
Any accommodation and meal costs, where applicable, must be paid in advance into the Academia Xacobea bank account: ES50 2080 0300 8630 4557 4608 – Account holder: Academia Xacobea

