A Academia Xacobea presenta en Pontevedra as I Xornadas «Camiños Pontevedreses: A ruta do Padre Sarmiento»

O presidente da Academia Xacobea, Marcelino Agís Villaverde, presentou esta mañá no Pazo Provincial de Pontevedra a primeira edición de «Camiños Pontevedreses», un novo proxecto que dedica esta súa estrea á Ruta do Padre Sarmiento e que se celebrará os días 18 e 19 de setembro no Mosteiro de Poio. Acompañárono na presentación o alcalde de Poio, Ángel Moldes, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez, ademais da secretaria da Academia, Milagros Otero.
Agís destacou que se trata dunha sesión «moi especial», ao celebrarse por primeira vez fóra do seu contexto habitual en Santiago de Compostela para vir a «unha provincia moi xacobea», grazas á colaboración establecida coa Deputación de Pontevedra. O presidente da Academia amosou o seu desexo de dar continuidade a esta iniciativa nas vindeiras edicións.
Dous días de actividade académica en Poio
O programa arrincará o venres 18 de setembro coa recepción dos académicos por parte do alcalde de Poio no Concello, seguida dunha visita ao Mosteiro de Poio, onde se hospedarán, e dunha breve xunta plenaria da Academia. Ás oito da tarde terá lugar, na capela da hospedaría, a sesión solemne de ingreso de novos académicos e académicas: como membros de honra, o investigador italiano Valentino Pisegna, vinculado á área de Perugia e membro da Confraría de Santiago, e o profesor Fernando López Rodríguez; e como correspondentes, Javier Sánchez-Agustino, continuador da Ruta do Mar de Arousa iniciada polo seu pai, e a profesora da Universidade de Wisconsin Coleen Conroy, primeira académica correspondente nos Estados Unidos, recoñecida polo seu orixinal traballo de investigación sobre os sons do Camiño de Santiago.
O sábado 19 celebraranse propiamente as I Xornadas «Camiños Pontevedreses», centradas na Ruta do Padre Sarmiento: un roteiro que arrinca en Pontevedra, atravesa Poio, Sanxenxo e o resto de concellos da marxe esquerda das rías de Pontevedra e de Arousa ata desembocar en Padrón, considerado unha variante do Camiño Portugués e cada vez máis transitado por peregrinos. A xornada, que inclúe unha conferencia inaugural do propio Marcelino Agís e sendas mesas redondas sobre os retos da ruta e sobre a illa de Tambo, pecharase pola tarde cunha excursión con visita guiada a esa illa, tamén visitada por Sarmiento no seu día.
Agís puxo en valor tamén o percorrido en si mesmo, unha ruta que, segundo explicou, «cada vez recorren máis peregrinos» e que, aínda non sendo de momento o camiño oficial a Santiago, «pertence a eses roteiros que a Xunta de Galicia está a apoiar e promocionar», tamén ante concellos e alcaldías que opten a axudas institucionais. O presidente da Academia pechou a súa intervención agradecendo expresamente á Deputación de Pontevedra o seu apoio e patrocinio, e ao Concello de Poio a súa acollida e colaboración no desenvolvemento de todos os actos: «Estamos encantados de que a Academia Xacobea sexa tamén peregrina e veña a unha terra tan peregrina como é Pontevedra».
«Unha oportunidade para toda a provincia»
O alcalde de Poio, Ángel Moldes, agradeceu á Academia Xacobea e á Deputación a elección do seu concello para acoller estas primeiras xornadas, que definiu como «un orgullo e tamén unha responsabilidade». Moldes lembrou que esa mesma mañá xa se rexistraran máis de cen peregrinos no Mosteiro e subliñou o traballo do Concello na sinalización e mellora da ruta, así como a intención de incorporar a visita á illa de Tambo ao propio roteiro.
Pola súa banda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez, felicitou a Academia Xacobea polo labor desenvolvido máis alá de Galicia e destacou que a provincia se ve especialmente beneficiada pola súa condición de paso de varios camiños xacobeos. López Diéguez puxo en valor estas xornadas como exemplo de descentralización cultural e como pulo para a desestacionalización turística das Rías Baixas, e lembrou o seu propio percorrido persoal por esta ruta en bicicleta.
Inscrición gratuíta e prazas limitadas
A participación nas Xornadas é gratuíta e pode formalizarse a través do formulario dispoñible en academiaxacobea.gal, ata completar as 100 prazas dispoñibles. O prazo de inscrición permanece aberto ata o 15 de setembro, e as vinte primeiras persoas inscritas contarán ademais cunha bolsa de comedor.
La Academia Xacobea presenta en Pontevedra las I Jornadas «Caminos Pontevedreses: La ruta del Padre Sarmiento»
El presidente de la Academia Xacobea, Marcelino Agís Villaverde, presentó esta mañana en el Pazo Provincial de Pontevedra la primera edición de «Caminos Pontevedreses», un nuevo proyecto que dedica su estreno a la Ruta del Padre Sarmiento y que se celebrará los días 18 y 19 de septiembre en el Monasterio de Poio. Le acompañaron en la presentación el alcalde de Poio, Ángel Moldes, y el presidente de la Diputación de Pontevedra, Luis López Diéguez, además de la secretaria de la Academia, Milagros Otero.
Agís destacó que se trata de una sesión «muy especial», al celebrarse por primera vez fuera de su contexto habitual en Santiago de Compostela para venir a «una provincia muy xacobea», gracias a la colaboración establecida con la Diputación de Pontevedra. El presidente de la Academia mostró su deseo de dar continuidad a esta iniciativa en próximas ediciones.
Dos días de actividad académica en Poio
El programa arrancará el viernes 18 de septiembre con la recepción de los académicos por parte del alcalde de Poio en el Ayuntamiento, seguida de una visita al Monasterio de Poio, donde se hospedarán, y de una breve junta plenaria de la Academia. A las ocho de la tarde tendrá lugar, en la capilla de la hospedería, la sesión solemne de ingreso de nuevos académicos y académicas: como miembros de honor, el investigador italiano Valentino Pisegna, vinculado al área de Perugia y miembro de la Cofradía de Santiago, y el profesor Fernando López Rodríguez; y como correspondientes, Javier Sánchez-Agustino, continuador de la Ruta del Mar de Arousa iniciada por su padre, y la profesora de la Universidad de Wisconsin Coleen Conroy, primera académica correspondiente en Estados Unidos, reconocida por su original trabajo de investigación sobre los sonidos del Camino de Santiago.
El sábado 19 se celebrarán propiamente las I Jornadas «Caminos Pontevedreses», centradas en la Ruta del Padre Sarmiento: un itinerario que arranca en Pontevedra, atraviesa Poio, Sanxenxo y el resto de los concellos de la margen izquierda de las rías de Pontevedra y de Arousa hasta desembocar en Padrón, considerado una variante del Camino Portugués y cada vez más transitado por peregrinos. La jornada, que incluye una conferencia inaugural del propio Marcelino Agís y sendas mesas redondas sobre los retos de la ruta y sobre la isla de Tambo, se cerrará por la tarde con una excursión con visita guiada a esa isla, también visitada por Sarmiento en su día.
Agís puso en valor también el recorrido en sí mismo, una ruta que, según explicó, «cada vez recorren más peregrinos» y que, aunque todavía no es de momento el camino oficial a Santiago, «pertenece a esos itinerarios que la Xunta de Galicia está apoyando y promocionando», también ante concellos y alcaldías que opten a ayudas institucionales. El presidente de la Academia cerró su intervención agradeciendo expresamente a la Diputación de Pontevedra su apoyo y patrocinio, y al Ayuntamiento de Poio su acogida y colaboración en el desarrollo de todos los actos: «Estamos encantados de que la Academia Xacobea sea también peregrina y venga a una tierra tan peregrina como es Pontevedra».
«Una oportunidad para toda la provincia»
El alcalde de Poio, Ángel Moldes, agradeció a la Academia Xacobea y a la Diputación la elección de su concello para acoger estas primeras jornadas, que definió como «un orgullo y también una responsabilidad». Moldes recordó que esa misma mañana ya se habían registrado más de cien peregrinos en el Monasterio y subrayó el trabajo del Ayuntamiento en la señalización y mejora de la ruta, así como la intención de incorporar la visita a la isla de Tambo al propio itinerario.
Por su parte, el presidente de la Diputación de Pontevedra, Luis López Diéguez, felicitó a la Academia Xacobea por la labor desarrollada más allá de Galicia y destacó que la provincia se ve especialmente beneficiada por su condición de paso de varios caminos xacobeos. López Diéguez puso en valor estas jornadas como ejemplo de descentralización cultural y como impulso para la desestacionalización turística de las Rías Baixas, y recordó su propio recorrido personal por esta ruta en bicicleta.
Inscripción gratuita y plazas limitadas
La participación en las Jornadas es gratuita y puede formalizarse a través del formulario disponible en academiaxacobea.gal, hasta completar las 100 plazas disponibles. El plazo de inscripción permanece abierto hasta el 15 de septiembre, y las veinte primeras personas inscritas contarán además con una bolsa de comedor.
