Close

agosto 19, 2026

Poio acollerá en setembro o ingreso de novos académicos e as primeiras Xornadas «Camiños Pontevedreses»

O Mosteiro de Poio (Pontevedra) será o escenario, os días 18 e 19 de setembro de 2026, dunha nova cita do programa «A Academia Xacobea en Camiño». Esta edición reúne tres momentos importantes para a institución: a sesión plenaria, o ingreso solemne de novos académicos e académicas, e a estrea das xornadas «Camiños Pontevedreses: o Roteiro do Padre Sarmiento a Santiago, rodeando o Salnés».

O programa arrincará o venres 18 de setembro coa recepción institucional do alcalde de Poio, ás 17:00 horas no Concello, seguida dunha visita guiada ao mosteiro —igrexa, claustros e biblioteca incluídos— ás 18:00 horas. A sesión plenaria da Academia ocupará a Aula IV da Hospedería ás 19:00 horas, e xa pola noite, ás 20:00 horas, a capela da Hospedería acollerá o acto de ingreso dos novos académicos e académicas: benvida do presidente, lectura da acta de nomeamento pola secretaria, intervencións dos académicos de honra e correspondentes, palabras das autoridades presentes e peche musical coa actuación de María do Ceo. Un cóctel ás 21:30 horas porá o punto final á xornada.

A xornada do sábado 19 estará dedicada por completo ás I Xornadas «Camiños Pontevedreses».

Ás 09:30 horas abrirá a entrega de documentación e, ás 10:00 horas, o acto inaugural, co presidente da Academia Xacobea, Marcelino Agís, xunto ao alcalde de Poio, Ángel Moldes, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez. Ás 10:15 horas, o propio Marcelino Agís Villaverde impartirá a conferencia inaugural, «O Padre Sarmiento, viaxeiro», que moderará Emma Falque Rey.

Pola mañá terán lugar dúas mesas redondas. Ás 11:00 horas, «Retos e oportunidades da Ruta do Padre Sarmiento» reunirá a Anxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, J. Ramón García Guinarte (xerente da Mancomunidade do Salnés) e Rocío Cochón (primeira tenente de alcalde e concelleira de Turismo de Poio), baixo a moderación de Jesús de Juana López. Ás 12:30 horas, o foco pasará á «Illa de Tambo no roteiro do Padre Sarmiento», con Claudio Quintillán (presidente da Irmandade Illa de Tambo) e o investigador e escritor Lino J. Pazos Pérez, moderados pola académica Teresa Carballeira Rivera.

O acto de clausura e entrega de diplomas, ás 13:45 horas, contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ademais das autoridades e representantes xa citados. Pola tarde, desde as 16:00 horas, o programa continúa fóra do mosteiro: visita guiada a Combarro e, despois, á Illa de Tambo, onde o historiador da UNED Buenaventura Aparicio Casado guiará o percorrido. A xornada, e o programa completo, rematará ás 20:00 horas coa chegada ao porto de Combarro.

As inscricións para as I Xornadas «Camiños Pontevedreses» xa están abertas en academiaxacobea.gal, cun prazo que remata o 15 de setembro. As 20 primeiras persoas inscritas contarán con bolsa de comedor.

Organiza a actividade a Academia Xacobea, co patrocinio da Deputación de Pontevedra e a colaboración do Concello de Poio e a Xunta de Galicia.

PROGRAMA EN GALEGO

Poio acogerá en septiembre el ingreso de nuevos académicos y las primeras Jornadas «Caminos Pontevedreses»

El Monasterio de Poio (Pontevedra) será el escenario, los días 18 y 19 de septiembre de 2026, de una nueva cita del programa «La Academia Xacobea en Camino». Esta edición reúne tres momentos importantes para la institución: la sesión plenaria, el ingreso solemne de nuevos académicos y académicas, y el estreno de las jornadas «Caminos Pontevedreses: la Ruta del Padre Sarmiento a Santiago, rodeando el Salnés».

El programa arrancará el viernes 18 de septiembre con la recepción institucional del alcalde de Poio, a las 17:00 horas en el Ayuntamiento, seguida de una visita guiada al monasterio —iglesia, claustros y biblioteca incluidos— a las 18:00 horas. La sesión plenaria de la Academia ocupará el Aula IV de la Hospedería a las 19:00 horas, y ya por la noche, a las 20:00 horas, la capilla de la Hospedería acogerá el acto de ingreso de los nuevos académicos y académicas: bienvenida del presidente, lectura del acta de nombramiento por la secretaria, intervenciones de los académicos de honor y correspondientes, palabras de las autoridades presentes y cierre musical con la actuación de María do Ceo. Un cóctel a las 21:30 horas pondrá el punto final a la jornada.

La jornada del sábado 19 estará dedicada por completo a las I Jornadas «Caminos Pontevedreses». A

A las 09:30 horas abrirá la entrega de documentación y, a las 10:00 horas, el acto inaugural, con el presidente de la Academia Xacobea, Marcelino Agís, junto al alcalde de Poio, Ángel Moldes, y el presidente de la Diputación de Pontevedra, Luis López Diéguez. A las 10:15 horas, el propio Marcelino Agís Villaverde impartirá la conferencia inaugural, «El Padre Sarmiento, viajero», que moderará Emma Falque Rey.

Por la mañana tendrán lugar dos mesas redondas. A las 11:00 horas, «Retos y oportunidades de la Ruta del Padre Sarmiento» reunirá a Anxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura de la Xunta de Galicia, J. Ramón García Guinarte (gerente de la Mancomunidad del Salnés) y Rocío Cochón (primera teniente de alcalde y concejala de Turismo de Poio), bajo la moderación de Jesús de Juana López. A las 12:30 horas, el foco pasará a «La isla de Tambo en la ruta del Padre Sarmiento», con Claudio Quintillán (presidente de la Irmandade Illa de Tambo) y el investigador y escritor Lino J. Pazos Pérez, moderados por la académica Teresa Carballeira Rivera.

El acto de clausura y entrega de diplomas, a las 13:45 horas, contará con la presencia del presidente de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, además de las autoridades y representantes ya citados. Por la tarde, desde las 16:00 horas, el programa continúa fuera del monasterio: visita guiada a Combarro y, después, a la Isla de Tambo, donde el historiador de la UNED Buenaventura Aparicio Casado guiará el recorrido. La jornada, y el programa completo, terminará a las 20:00 horas con la llegada al puerto de Combarro.

PROGRAMA EN ESPAÑOL