Marcelino Agís releva a Xesús Palmou á fronte da Academia Xacobea

O catedrático de Filosofía da USC asume a presidencia da institución agradecendo os “desvelos” e o “bo facer” do seu antecesor, que permitiron á Academia ter acadado xa un importante “recoñecemento público, científico e institucional”
Palmou, que foi nomeado Presidente de Honra, destacou que a continuidade da labor científica e divulgativa da Academia está garantida coa presidencia de Agís e o senlleiro corpo de académicos que a integran e no que imperan “a ilusión, a vocación e a formación”
Santiago de Compostela. Martes, 21 de xaneiro de 2024. Un nutrido grupo de representantes do mundo institucional, universitario, empresarial e social déronse cita esta tarde no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela para participar nunha sesión solemne da Academia Xacobea que non só serviu para abrir de xeito oficial ás actividades do curso 2025, senón tamén para formalizar o relevo á fronte da institución de Xesús Palmou, quen tras presidila desde os seus inicios hai xa case dez anos, decidiu en datas recentes dar un paso a un lado, aínda que seguirá vencellado a ela de xeito directo.
Así o apuntou no seu discurso desta tarde o novo presidente da Academia Xacobea, o catedrático da Filosofía da USC Marcelino Agís Villaverde, quen destacou os “desvelos” e o traballo de Xesús Palmou para poñer en marcha a institución “vencendo non poucas dificultades”, “conformar un prestixioso corpo de académicas e académicos pertencentes a universidades e institucións científicas de Galicia e de España, e cunha representación doutros países europeos como Francia, Italia e Portugal, nos que o Camiño de Santiago e os temas xacobeos teñen enorme importancia”, e levar a cabo importantes actuacións como a edición do libro Crónica dun peregrino singular ou a organización do primeiro Congreso Mundial Xacobeo, celebrado en Compostela no 2001 baixo a presidencia do rei Felipe VI. “Sen o bo facer do presidente Xesús Palmou, promotor e cabeza reitora da Academia Xacobea, non tería acadado en tan pouco tempo o recoñecemento público, científico e institucional do que goza nestes momentos”, explicou tamén Marcelino Agís, quen foi director de Departamento de Filosofía, decano e vicerreitor de Terceiro Ciclo da USC, e é membro da Academia de Ciencias de Lisboa -sección Letras- (Portugal) e da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas de España. Agís sinalou que asume a presidencia con “responsabilidade, gratitude e ilusión”, e o convencemento de seguir contando “coa colaboración das institucións públicas, das entidades privadas e das persoas que suman os seus esforzos á organización das nosas actividades”.
Xesús Palmou despediuse da presidencia da Academia Xacobea recibindo o título de Presidente de Honor como recoñecemento ao labor desempeñado durante estes anos e fíxoo agradecendo a “xenerosidade e o afecto” que supoñen ese nomeamento e destacando tamén o traballo das persoas que o acompañaron naqueles primeiros pasos, como o propio Marcelino Agís, ademais de María Josefa Sanz Fuentes, Ulises Bértolo García, Eduardo López Pereira, Enrique Otero Fernández, Jesús de Juana López, Miguel Pampín Rúa, e o xa falecido Xavier Añoveros Trías de Bes. “Sen eles, sen a súa aportación, o seu apoio e colaboración, esta Institución non tería nacido”, sinalou. Palmou destacou tamén que o traballo levado a cabo nestes anos é “froito dunha tarefa colectiva á que se foron incorporando os distintos Académicos e Académicas de Número que hoxe forman un corpo, un equipo multidisciplinar de Catedráticos, Doutores, Investigadores e expertos no mundo da peregrinación que, de xeito altruísta, baixo a dirección do novo Presidente Marcelino Agís Villaverde, son a garantía de supervivencia, de continuidade da Academia Xacobea, na súa importante labor científica e divulgativa”. Palmou salientou “a ilusión, vocación e formación” de todos eles e o seu propio compromiso en seguir traballando e colaborando no cumprimento dos fins e obxectivos da institución: “Non é isto a miña despedida, senón un cambio nas tarefas que a partir de hoxe levarei a cabo, coa mesma ilusión, dedicación e lealdade ao xa novo presidente Marcelino Agís, a quen lle desexo todo o éxito que se merece” explicou antes de pechar a súa intervención agradecendo “ás persoas e institucións, públicas e privadas, que ao longo destes anos estiveron ao noso carón, contribuíndo ao éxito da nosa tarefa”.
No acto desta tarde tamén tomaron a palabra o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez. Ámbolos deus destacaron o traballo desenvolvido por Xesús Palmou para que a Academia Xacobea se teña convertido xa nun referente e mostraron a súa vontade de seguir colaborando coa institución na nova etapa que agora dá comezo baixo a presidencia Marcelino Agís. O Académico de Número Isidro García Tato foi o encargado de ler o discurso de apertura do curso 2025, que dedicou a A ruta do Sil, entrada natural a Galicia. Historicidade e realidade do Camiño de inverno.
Marcelino Agís releva a Xesús Palmou al frente de la Academia Xacobea
El catedrático de Filosofía de la USC asume la presidencia de la institución agradeciendo los “desvelos” y el “buen hacer” de su antecesor, que permitieron a la Academia haber alcanzado ya un importante “reconocimiento público, científico e institucional”
Palmou, que fue nombrado Presidente de Honor, destacó que la continuidad de la labor científica y divulgativa de la Academia está garantizada con la presidencia de Agís y el importante cuerpo de académicos que la integran y en el que imperan “la ilusión, la vocación y la formación”
Santiago de Compostela. Martes, 21 de enero de 2024. Un nutrido grupo de representantes del mundo institucional, universitario, empresarial y social se han dado cita esta tarde en el Paraninfo de la Universidad de Santiago de Compostela para participar en una sesión solemne de la Academia Xacobea que no solo ha servido para abrir de formal oficial las actividades del curso 2025, sino también para formalizar el relevo al frente de la institución de Xesús Palmou, quien tras presidirla desde sus inicios hace ya casi diez años, decidió en fechas recientes dar un paso a un lado, aunque seguirá vinculado a ella de forma directa.
Así lo apuntó en su discurso de esta tarde el nuevo presidente de la Academia Xacobea, el catedrático de la Filosofía de la USC Marcelino Agís Villaverde, quien destacó los “desvelos” y el trabajo de Xesús Palmou para poner en marcha la institución “venciendo no pocas dificultades”, “conformar un prestigioso cuerpo de académicas y académicos pertenecientes a universidades e instituciones científicas de Galicia y de España, y con una representación de otros países europeos como Francia, Italia y Portugal, en los que el Camino de Santiago y los temas xacobeos tienen enorme importancia”, y llevar a cabo importantes actuaciones como la edición del libro Crónica de un peregrino singular o la organización del primer Congreso Mundial Xacobeo, celebrado en Compostela en el 2001 bajo la presidencia del rey Felipe VI. “Sin el buen hacer del presidente Xesús Palmou, promotor y cabeza rectora de la Academia Xacobea, no habría alcanzado en tan poco tiempo el reconocimiento público, científico e institucional del que disfruta en estos momentos”, explicó también Marcelino Agís, quien fue director del Departamento de Filosofía, decano y vicerrector de Tercer Ciclo de la USC, y es miembro de la Academia de Ciencias de Lisboa -sección Letras- (Portugal) y de la Real Academia de Ciencias Morales y Políticas de España. Agís señaló que asume la presidencia con “responsabilidad, gratitud e ilusión”, y el convencimiento de seguir contando “con la colaboración de las instituciones públicas, de las entidades privadas y de las personas que suman sus esfuerzos a la organización de nuestras actividades”.
Xesús Palmou se despidió de la presidencia de la Academia Xacobea recibiendo el título de Presidente de Honor como reconocimiento a la labor desempeñada durante estos años y lo hizo agradeciendo la “generosidad y el afecto” que suponen ese nombramiento y destacando también el trabajo de las personas que lo acompañaron en aquellos primeros pasos, como el propio Marcelino Agís, además de María Josefa Sanz Fuentes, Ulises Bértolo García, Eduardo López Pereira, Enrique Otero Fernández, Jesús de Juana López, Miguel Pampín Rúa, y el ya fallecido Xavier Añoveros Trías de Bes. “Sin ellos, sin su aportación, su apoyo y colaboración, esta Institución no habría nacido”, señaló. Palmou destacó también que el trabajo llevado a cabo en estos años es “fruto de una tarea colectiva a la que se fueron incorporando los distintos Académicos y Académicas de Número que hoy forman un cuerpo, un equipo multidisciplinar de Catedráticos, Doctores, Investigadores y expertos en el mundo de la peregrinación que, de manera altruista, bajo la dirección del nuevo Presidente Marcelino Agís Villaverde, son la garantía de supervivencia, de continuidad de la Academia Xacobea, en su importante labor científica y divulgativa”. Palmou destacó “la ilusión, vocación y formación” de todos ellos y su propio compromiso para seguir trabajando y colaborando en el cumplimiento de los fines y objetivos de la institución: “No es esto mi despedida, sino un cambio en las tareas que a partir de hoy llevaré a cabo, con la misma ilusión, dedicación y lealtad al ya nuevo presidente Marcelino Agís, a quién le deseo todo el éxito que se merece” explicó antes de cerrar su intervención agradeciendo “a las personas e instituciones, públicas y privadas, que a lo largo de estos años estuvieron a nuestro lado, contribuyendo al éxito de nuestra tarea”.
En el acto de esta tarde también tomaron la palabra el rector de la Universidad de Santiago de Compostela, Antonio López, y el conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional, Román Rodríguez. Ambos destacaron el trabajo desarrollado por Xesús Palmou para que la Academia Xacobea se haya convertido ya en un referente, y mostraron su voluntad de seguir colaborando con la institución en la nueva etapa que ahora da comienzo bajo la presidencia Marcelino Agís. El Académico de Número Isidro García Tato fue el encargado de leer el discurso de apertura del curso 2025, que dedicó a La ruta del Sil, entrada natural a Galicia. Historicidad y realidad del Camino de invierno.