Xesús Palmou solicita o seu relevo na presidencia da Academia Xacobea

A institución ten previsto formalizar o proceso de nomeamento do seu sucesor a comezos do próximo mes de xaneiro
O aínda presidente continuará formando parte da Academia e colaborando cos seus fins estatutarios como Académico de Número
Santiago de Compostela. Domingo, 29 de decembro de 2024. Xesús Palmou, impulsor e presidente da Academia Xacobea desde a súa creación, solicitou aos órganos de goberno da institución a súa substitución á fronte da mesma. Despois de case unha década na presidencia da Academia, Palmou considera que se culminou con éxito unha primeira etapa de posta en funcionamento e consolidación da institución e que esta dispón de persoas con capacidade máis que contrastada para continuar dando cumprimento aos seus obxectivos fundacionais.
Como consecuencia desta petición do aínda presidente, a Academia Xacobea puxo en marcha os mecanismos para formalizar a substitución e nomear á persoa que ostentará a nova presidencia, proceso que se concretará e cuxo resultado se dará coñecer a comezos do próximo mes de xaneiro.
Xesús Palmou continuará formando parte da institución como Académico de Número e colaborando de forma activa no seu importante labor estatutario, labor que compatibilizará coas súas outras responsabilidades como membro da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e do Consello da Cultura Galega.
Xesús Palmou solicita su relevo en la presidencia de la Academia Xacobea
La institución tiene previsto formalizar el proceso de nombramiento de su sucesor a comienzos del próximo mes de enero
El aún presidente continuará formando parte de la Academia y colaborando con sus fines estatutarios como Académico de Número
Santiago de Compostela. Domingo, 29 de diciembre de 2024. Xesús Palmou, impulsor y presidente de la Academia Xacobea desde su creación, ha solicitado a los órganos de gobierno de la institución su relevo al frente de la misma. Después de casi una década en la presidencia de la Academia, Palmou considera que se ha culminado con éxito una primera etapa de puesta en funcionamiento y consolidación de la institución y que esta dispone de personas con capacidad más que contrastada para continuar dando cumplimiento a sus objetivos fundacionales.
Como consecuencia de esta petición del aún presidente, la Academia Xacobea ha puesto en marcha los mecanismos para formalizar el relevo y nombrar a la persona que ostentará la nueva presidencia, proceso que se concretará y cuyo resultado se dará conocer a comienzos del próximo mes de enero.
Xesús Palmou continuará formando parte de la institución como Académico de Número y colaborando de forma activa en su importante labor estatutaria, labor que compatibilizará con sus otras responsabilidades como miembro de la Real Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación y del Consello da Cultura Galega.