As Xornadas Mar por Medio dan comezo en Ribadeo con vocación de continuidade e reivindicando o Camiño do Norte

Daniel Vega, Xesús Palmou, Javier Arias, Francisco Fraga, Francisco Singul e John Rutherford inauguraron as actividades esta tarde destacando a variedade e calidade das propostas do programa
O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e o catedrático emérito da USC Carlos Villanueva, ofreceron as dúas primeiras conferencias
Ribadeo. Venres, 1 de decembro de 2023. A nova edición das Xornadas Mar por Medio deu comezo esta tarde en Ribadeo co acto inaugural celebrado no auditorio Hernán Naval e no que tomaron a palabra o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou; o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco J. Fraga López; o xefe da área de Cultura Xacobea do Plan Xacobeo, Francisco Singul Lorenzo; o delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias Fouz; o hispanista e profesor emérito do Queen’s College da Universidade de Oxford John Rutherford, e o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega.
Todos eles congratuláronse pola calidade dos contidos do programa e dos relatores, e pola celebración dunha cita que suma xa 18 edicións, pero que como lembraron tanto Rutherford como o alcalde, remóntase a comezos dos anos 90. John Rutherford e Daniel Vega agradeceron o papel dos impulsores das Xornadas naqueles inicios, citando aos alcaldes Eduardo Gutiérrez e José Carlos Rodríguez Andina, e ao concelleiro Manuel Valín, e reivindicaron unha cultura que estea á marxe das disputas políticas. “A cultura non ten padriño, non ten ideoloxía, é de todos e todos debemos promovela. A cultura vai ter sempre espazo en Ribadeo”, sinalou o alcalde, quen apuntou ademais que as Xornadas, recuperadas o ano pasado tras un longo parón, “viñeron para quedar”. Parafraseando a Cunqueiro auguroulles “mil primaveras máis”.
Javier Arias, Francisco Singul e Francisco Fraga felicitaron nas súas intervencións desta tarde ao Concello de Ribadeo e á Academia Xacobea pola organización das Xornadas e destacaron que o programa deste ano permitirá aos participantes realizar un achegamento ao Camiño de Santiago desde múltiples perspectivas. Ademais, Arias e Singul aproveitaron o acto inaugural para reivindicar o potencial do Camiño do Norte. “As posibilidades do Camiño Norte, que actualmente ten 20.000 peregrinos, son enormes, ten moito máis potencial e esperemos que estas Xornadas sirvan para iso”, apuntou o delegado da Xunta en Lugo. Así o sinalou tamén Francisco Singul, quen lembrou que o Camiño do Norte vertebra toda a Cornixa Cantábrica e que foi distinguido, do mesmo xeito que o Francés, como Patrimonio da Humanidade. Francisco Fraga, reafirmou o compromiso da Universidade con actividades e foros como o que arrincou hoxe en Ribadeo e felicitou á Academia Xacobea polo labor “incrible desde ou punto de vista cultural, etnografico e histórico” que realiza en prol do Camiño de Santiago.
Pola súa banda, o presidente da Academia Xacobea, tivo palabras de agradecemento para todos os presentes e en especial para o “alcalde e impulsor destas xornadas, Daniel Vega, e para a concelleira Begoña Sanjurjo”, así como para as demais institucións colaboradoras: Xunta, Universidade de Santiago e Deputación de Lugo. Xesús Palmou explicou que as Xornadas Mar por Medio encaixan de cheo cos fins e obxectivos da Academia Xacobea e, tras repasar os temas e actividades propostas na presente edición, desexou a todos os rexistrados unha proveitosa participación.
Tras o acto inaugural celebráronse xa as primeiras conferencias do programa. O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, quen foi presentado por Xesús Palmou, ocupouse da importancia do Camiño de Santiago como itinerario cultural europeo. A continuación, Carlos Villanueva, musicólogo e catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela, abordou a tradición musical das rutas de peregrinación a Compostela. A súa conferencia foi presentada por María del Carmen Rodríguez Cancelo, directora da Coral Polifónica de Ribadeo, agrupación que puxo o peche musical aos actos deste venres cun concerto. Ademais, Francisco Singul inaugurou unha exposición con imaxes de monumentos e espazos naturais do Camiño que se poderá visitar no auditorio durante o desenvolvemento das Xornadas.
Mañá
Paisaxe, alimentación, gastronomía, literatura, arte e patrimonio serán os grandes protagonistas da sesión de mañá, sábado 2. O programa completo das XVIII Xornadas Mar por Medio está dispoñible na páxina web da Academia Xacobea www.academiaxacobea.gal

Las Jornadas Mar por Medio dan comienzo en Ribadeo con vocación de continuidad y reivindicando el Camino del Norte
Daniel Vega, Xesús Palmou, Javier Arias, Francisco Fraga, Francisco Singul y John Rutherford han inaugurado las actividades esta tarde destacando la variedad y calidad de las propuestas del programa
El presidente de la Real Academia Galega, Víctor Freixanes, y el catedrático emérito de la USC Carlos Villanueva, han ofrecido las dos primeras conferencias
Ribadeo. Viernes, 1 de diciembre de 2023. La nueva edición de las Jornadas Mar por Medio ha dado comienzo esta tarde en Ribadeo con el acto inaugural celebrado en el auditorio Hernán Naval y en el que han tomado la palabra el presidente de la Academia Xacobea, Xesús Palmou; el vicerrector de Organización Académica y del Campus de Lugo, Francisco J. Fraga López; el jefe del Área de Cultura Xacobea del Plan Xacobeo, Francisco Singul Lorenzo; el delegado Territorial de la Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias Fouz; el hispanista y profesor emérito del Queen’s College de la Universidad de Oxford John Rutherford, y el alcalde de Ribadeo, Daniel Vega.
Todos ellos se han congratulado por la calidad de los contenidos del programa y de los ponentes, y por la celebración de una cita que suma ya 18 ediciones, pero que como recordaron tanto Rutherford como el alcalde, se remonta a comienzos de los años 90. John Rutherford y Daniel Vega agradecieron el papel de los impulsores de las Jornadas en aquellos inicios, citando a los alcaldes Eduardo Gutiérrez y José Carlos Rodríguez Andina, y al concejal Manuel Valín, y reivindicaron una cultura que esté al margen de las disputas políticas. “La cultura no tiene padrino, no tiene ideología, es de todos y todos debemos promoverla. La cultura va a tener siempre espacio en Ribadeo”, ha señalado el alcalde, quien ha apuntado además que las Jornadas, recuperadas el año pasado tras un largo parón, “vinieron para quedarse”. Parafraseando a Cunqueiro les ha augurado “mil primaveras más”.
Javier Arias, Francisco Singul y Francisco Fraga han felicitado en sus intervenciones de esta tarde al Concello de Ribadeo y a la Academia Xacobea por la organización de las Jornadas y han destacado que el programa de este año permitirá a los participantes realizar un acercamiento al Camino de Santiago desde múltiples perspectivas. Además, Arias y Singul han aprovechado el acto inaugural para reivindicar el potencial del Camino del Norte. “Las posibilidades del Camino Norte, que actualmente tiene 20.000 peregrinos, son enormes, tiene mucho más potencial y esperemos que estas Jornadas sirvan para ello”, ha apuntado el delegado de la Xunta en Lugo. Así lo ha señalado también Francisco Singul, quien ha recordado que el Camino del Norte vertebra toda la Cornisa Cantábrica y que ha sido distinguido, al igual que el Francés, como Patrimonio de la Humanidad. Francisco Fraga, ha reafirmado el compromiso de la Universidad con actividades y foros como el que ha arrancado hoy en Ribadeo y ha felicitado a la Academia Xacobea por la labor “increíble desde o punto de vista cultural, etnografico e histórico” que realiza en favor del Camiño de Santiago.
Por su parte, el presidente de la Academia Xacobea, ha tenido palabras de agradecimiento para todos los presentes y en especial para el “alcalde e impulsor de estas jornadas, Daniel Vega, y para la concejala Begoña Sanjurjo”, así como para las demás instituciones colaboradoras: Xunta, Universidad de Santiago y Diputación de Lugo. Xesús Palmou ha explicado que las Jornadas Mar por Medio encajan de lleno con los fines y objetivos de la Academia Xacobea y, tras repasar los temas y actividades propuestas en la presente edición, ha deseado a todos los inscritos una provechosa participación.
Tras el acto inaugural se han celebrado ya las primeras conferencias del programa. El presidente de la Real Academia Galega, Víctor Freixanes, quien ha sido presentado por Xesús Palmou, se ha ocupado de la importancia del Camino de Santiago como itinerario cultural europeo. A continuación, Carlos Villanueva, musicólogo y catedrático emérito de la Universidad de Santiago de Compostela, ha abordado la tradición musical de las rutas de peregrinación a Compostela. Su conferencia ha sido presentada por María del Carmen Rodríguez Cancelo, directora de la Coral Polifónica de Ribadeo, agrupación que ha puesto el cierre musical a los actos de este viernes con un concierto. Además, Francisco Singul ha inaugurado una exposición con imágenes de monumentos y espacios naturales del Camino que se podrá visitar en el auditorio durante el desarrollo de las Jornadas.
Mañana
Paisaje, alimentación, gastronomía, literatura, arte y patrimonio serán los grandes protagonistas de la sesión de mañana, sábado 2. El programa completo de las XVIII Jornadas Mar por Medio está disponible en la página web de la Academia Xacobea www.academiaxacobea.gal