Close

I PREMIO DE POESÍA CAMIÑO DE SANTIAGO

A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, e co patrocinio de Ediciones Carena, convoca o I PREMIO DE POESÍA “CAMIÑO DE SANTIAGO” CERTAME POÉTICO “FAISE CAMIÑO”, co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo. A obra gañadora será publicada por Ediciones Carena, de acordo coas seguintes

BASES

1. A este premio poderán concorrer todos os e as poetas de calquera lugar do mundo cun poemario escrito en castelán ou en galego, conforme ás normativas ortográficas e morfolóxicas establecidas, en cada caso, pola Real Academia Española e a Real Academia Galega.

2. Presentarase un poemario, cuxo contido oscile entre os 450 e os 550 versos. O tema de fondo será “A vida como camiño” e deberá manter unha vinculación explícita ou implícita co Camiño de Santiago desde a perspectiva do conxunto do poemario.

3. Será outorgado un único premio dotado con MIL CINCOCENTOS EUROS, suxeitos ás retencións legais que resulten aplicables. O gañador ou gañadora recibirá tamén un diploma acreditativo e verá a súa obra publicada en castelán e galego. O gañador ou gañadora recibirá dez exemplares da obra publicada.

4. Cada autor ou autora poderá presentar só unha obra ao concurso.
O premio poderá ser declarado deserto sempre que o xurado considere que os orixinais presentados non reúnen a calidade suficiente.

5. Os autores remitirán as súas obras na forma, prazo e requisitos que se establecen a continuación á seguinte dirección:

Academia Xacobea
Pazo de San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela

  • De cada obra presentaranse dous exemplares mecanografados, en papel, tamaño folio, a dobre espazo.
  • Os exemplares deberán ser presentados anonimamente e enviaranse nun sobre pechado, en cuxo exterior indicarase o título da obra, especificando: PREMIO DE POESÍA “CAMIÑO DE SANTIAGO”.
  • O sobre deberá conter, ademais, outro sobre pechado dentro do cal se incluirá: o título da obra e a seguinte información persoal do autor: nome e apelidos, DNI, data e lugar de nacemento, domicilio, teléfono, correo electrónico e breve currículo (non máis de dez liñas), e unha declaración expresa de que a obra non ten sido premiada ata a data de presentación en ningún outro certame literario, nin foi obxecto de publicación.
    Ademais, deberá incluír no sobre xeral outro escrito, no que conste a conformidade do autor ou autora coa cesión dos dereitos da primeira edición en papel e dixital, en galego e castelán, da súa obra no caso de que resulte gañadora, incluídos os de publicación, distribución e explotación.

6. O prazo de admisión de solicitudes abrirase o 22 de maio do 2019 e concluirá o 24 de agosto do mesmo ano.

7. O fallo do xurado farase público o martes 17 de setembro do 2019, e o premio será entregado nun acto oficial que terá lugar a mediados do mes de decembro do 2019, no que estarán presentes representantes da Academia Xacobea, das institucións colaboradoras e da editorial, así como os membros do xurado e o gañador ou gañadora. O día concreto farase público coa suficiente antelación na páxina web da Academia Xacobea: www.academiaxacobea.gal.

8. O xurado estará composto por cinco personalidades do mundo literario designadas pola Academia Xacobea, unha delas, en representación de Ediciones Carena.
Actuará como secretario do xurado, con voz e sen voto, unha persoa designada a tal efecto.

9. A composición do xurado darase a coñecer, con anterioridade á súa reunión, na páxina web da Academia Xacobea: www.academiaxacobea.gal.
O xurado actuará en única sesión, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. As deliberacións serán secretas y delas redactarase a acta correspondente.
A decisión do xurado será inapelable e darase a coñecer na páxina web da Academia Xacobea: www.academiaxacobea.gal

10. Non se manterá correspondencia sobre a documentación presentada polas persoas participantes. As obras non premiadas serán destruídas unha vez emitido o fallo do xurado, co fin de garantir os dereitos dos autores e autoras sobre a orixinalidade da súa obra.

11. A participación na presente convocatoria supón a aceptación íntegra das bases que a regulan. Todas as incidencias non contempladas nas bases serán resoltas pola Academia Xacobea, a cal, unha vez consultados as persoas integrantes do xurado e as entidades colaboradoras, emitirá ditame que será inapelable.