Close

abril 13, 2023

Milagros Otero Parga ingresa na Academia Xacobea reivindicando o valor do Códice Calixtino no ámbito xurídico

Xesús Palmou deu a benvida á institución á catedrática e ex Valedora do Pobo destacando a súa “gran relevancia intelectual, académica e profesional” e o “importante labor que desenvolverá”

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, destacou a “actitude valente, decidida e con capacidade de axudar” da nova académica e felicitou á institución pola incorporación deste “gran activo”

Santiago de Compostela. Xoves, 13 de abril de 2023. “A importancia do Códice Calixtino creo que resulta evidente e dabondo coñecida, pero preguntámonos: existen nas súas páxinas elementos que permitan coñecer e estudar, a experiencia xurídica dese momento, ou que mesmo axuden a configurar o fenómeno xurídico en xeral?”. A esta cuestión formulada por ela mesma deu resposta de forma afirmativa Milagros Otero Parga no seu discurso de ingreso na Academia Xacobea como nova Académica de Número. A catedrática de Filosofía do Dereito da Universidade de Santiago de Compostela e ex Valedora do Pobo destacou durante a sesión solemne celebrada esta tarde no Paraninfo da USC que o dereito “supera a idea dun conxunto de leis agrupadas en códigos” e que como tal, “unha das formas de manifestación da arte das que se beneficiou ao longo do tempo e segue facéndoo hoxe en día é a Literatura”.

Neste sentido, Milagros Otero sinalou que, ademais de polo seu valor como documento xacobeo, polas súas partituras musicais que o converten nunha obra clave para “comprender a evolución da polifonía medieval”, ou pola súa pormenorizada descrición de Santiago de Compostela e da súa catedral, o Códice Calixtino tamén debe ser reivindicado polo seu papel na configuración do fenómeno e o pensamento xurídico. Exemplificouno cunha análise pormenorizada do Códice para referirse, entre outras cuestións, aos delitos no século XII relacionados coa peregrinación, a comparación da xustiza dos homes e a xustiza divina, e o papel da figura do Apóstolo como mediador ou intercesor diante de Deus. 

Milagros Otero tamén amosou o seu orgullo e agradecemento por ter sido elixida para formar parte da Academia Xacobea, institución da que destacou a súa “intensa traxectoria” e “o importante labor que desenvolve”. 

O vicepresidente primeiro da Academia Xacobea, Marcelino Agís Villaverde, no seu discurso de contestación á nova académica apuntou que o “traballo de Milagros Otero abre un camiño que podería ser tema para unha tese doutoral pola súa importancia e orixinalidade”. Marcelino Agís destacou, así mesmo, os méritos de Otero para incorporarse á institución. Non só pola súa condición de profesora universitaria que ocupou distintos cargos académicos, entre eles os decana da Facultade de Dereito da USC ou secretaria da Comisión de Doutoramento, senón tamén polo seu labor no estranxeiro, “especialmente en universidades do espazo iberoamericano (latinoamericanas, españolas e portuguesas), así como polos anos nos que desempeñou o cargo de Valedora do Pobo de Galicia e por outros recoñecementos como a súa pertenza á Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

Pola súa banda, o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, deu a benvida a Milagros Otero sinalando que con esta incorporación, a institución non só se achega ao seu cadro previsto de 30 Académicos de Número, senón que suma unha “figura de gran relevancia intelectual, académica e profesional, como se puxo de manifesto na contestación ao seu brillante e documentado discurso de ingreso”. Xesús Palmou apuntou, ademais, que Milagros Otero supón “outro importante piar no noso camiñar no ámbito da investigación e a difusión do Camiño de Santiago, forxador de cultura, solidariedade e paz, cordón umbilical do continente e importante elemento de aproximación xurídica, política e espiritual da cidadanía europea”, e augurou á nova académica o desenvolvemento dun “importante labor” no seo da institución. 

Tamén tomaron a palabra durante a sesión solemne desta tarde o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, e a secretaria xeral da Universidade de Santiago, Dulce García Mella. A representante da USC felicitou a Milagros Otero polo seu nomeamento e sinalou que encarna á perfección os valores de difusión, estudo e promoción do Camiño de Santiago que promove de “forma intensa a Academia Xacobea”. O conselleiro de Cultura tamén tivo palabras de felicitación para a nova académica e para a propia institución. “A Academia Xacobea gana unha nova integrante, un moi bo activo, e por iso hai que felicitala por este acerto, pero tamén hai que felicitar a Milagros Otero porque participar nunha institución desta natureza supón un acto de xenerosidade, de poñerse ao servizo duns obxectivos, converténdose así nunha boa e xenerosa”, destacou Román Rodríguez, quen tamén encomiou o traballo desenvolvido por Milagros Otero durante a súa etapa de Valedora do Pobo. “A súa actitude valente, decidida e con capacidade de axudar fala dun carácter positivo e por iso é de destacar a súa incorporación a esta Academia, aínda nova, pero cun importante labor de defensa dos valores do Camiño”.

O secretario xeral da Academia Xacobea, Ulises Bértolo, foi o encargado de ler a acta de nomeamento de Milagros Otero, mentres que os académicos María Josefa Sanz Fuentes e Agustín Dosil Maceira exerceron de padriños da nova integrante da institución.

A sesión celebrada no Paraninfo da USC congregou tamén a outras autoridades como a sucesora de Milagros Otero como Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como a numerosos representantes do mundo universitario e doutras entidades e institución galegas, como o Parlamento de Galicia, a Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, a Fundación Penzol, a Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, e a Editorial Galaxia, entre outras.

Milagros Otero Parga ingresa en la Academia Xacobea reivindicando el valor del Códice Calixtino en el ámbito jurídico

Xesús Palmou ha dado la bienvenida a la institución a la catedrática y ex Valedora do Pobo destacando su “gran relevancia intelectual, académica y profesional” y la “importante labor que desarrollará”

El conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, destacó la “actitud valiente, decidida y con capacidad de ayudar” de la nueva académica y felicitó a la institución por la incorporación de este “gran activo”

Santiago de Compostela. Jueves, 13 de abril de 2023. “La importancia del Códice Calixtino creo que resulta evidente y de sobra conocida, pero nos preguntamos: ¿existen en sus páginas elementos que permitan conocer y estudiar, la experiencia jurídica de ese momento, o que incluso ayuden a configurar el fenómeno jurídico en general?”. A esta cuestión formulada por ella misma ha dado respuesta de forma afirmativa Milagros Otero Parga en su discurso de ingreso en la Academia Xacobea como nueva Académica de Número. La catedrática de Filosofía del Derecho de la Universidad de Santiago de Compostela y ex Valedora do Pobo ha destacado durante la sesión solemne celebrada esta tarde en el Paraninfo de la USC que el derecho “supera la idea de un conjunto de leyes agrupadas en códigos” y que como tal, “una de las formas de manifestación del arte de las que se ha beneficiado a lo largo del tiempo y sigue haciéndolo hoy en día es la Literatura”. 

En este sentido, Milagros Otero ha señalado que, además de por su valor como documento jacobeo, por sus partituras musicales que lo convierten en una obra clave para “comprender la evolución de la polifonía medieval”, o por su pormenorizada descripción de Santiago de Compostela y de su catedral, el Códice Calixtino también debe ser reivindicado por su papel en la configuración del fenómeno y el pensamiento jurídico. Lo ejemplificó con un análisis pormenorizado del Códice para referirse, entre otras cuestiones, a los delitos en el siglo XII relacionados con la peregrinación, la comparación de la justicia de los hombres y la justicia divina, y el papel de la figura del Apóstol como mediador o intercesor ante Dios.

Milagros Otero también ha mostrado su orgullo y agradecimiento por haber sido elegida para formar parte de la Academia Xacobea, institución de la que ha destacado su “intensa trayectoria” y la “importante labor que desarrolla”. 

El vicepresidente primero de la Academia Xacobea, Marcelino Agís Villaverde, en su discurso de contestación a la nueva académica ha apuntado que el “trabajo de Milagros Otero abre un camino que podría ser tema para una tesis doctoral por su importancia y originalidad”. Marcelino Agís ha destacado, asimismo, los méritos de Otero para incorporarse a la institución. No solo por su condición de profesora universitaria que ha ocupado distintos cargos académicos, entre ellos los decana de la Facultad de Derecho de la USC o secretaria de la Comisión de Doctoramiento, sino también por su labor en el extranjero, “especialmente en universidades del espacio iberoamericano (latinoamericanas, españolas e portuguesas), así como por los años en los que desempeñó el cargo de Valedora do Pobo de Galicia y por otros reconocimientos como su pertenencia a la Real Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación.

Por su parte, el presidente de la Academia Xacobea, Xesús Palmou, ha dado la bienvenida a Milagros Otero señalando que con esta incorporación, la institución no solo se acerca a su plantel previsto de 30 Académicos de Número, sino que suma una “figura de gran relevancia intelectual, académica y profesional, como se ha puesto de manifiesto en la contestación a su brillante y documentado discurso de ingreso”. Xesús Palmou ha apuntado, además, que Milagros Otero supone “otro importante pilar en nuestro caminar en el ámbito de la investigación y la difusión del Camino de Santiago, forjador de cultura, solidaridad y paz, cordón umbilical del continente e importante elemento de aproximación jurídica, política y espiritual de la ciudadanía europea”, y ha augurado a la nueva académica el desarrollo de una “importante labor” en el seno de la institución.

También tomaron la palabra durante la sesión solemne de esta tarde el conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades, Román Rodríguez, y la secretaria general de la Universidad de Santiago, Dulce García Mella. La representante de la USC felicitó a Milagros Otero por su nombramiento y señaló que encarna a la perfección los valores de difusión, estudio y promoción del Camino de Santiago que promueve de “forma intensa la Academia Xacobea”. El conselleiro de Cultura también tuvo palabras de felicitación para la nueva académica y para la propia institución. “La Academia Xacobea gana una nueva integrante, un muy buen activo, y por eso hay que felicitarla por este acierto, pero también hay que felicitar a Milagros Otero porque participar en una institución de esta naturaleza supone un acto de generosidad, de ponerse al servicio de unos objetivos, convirtiéndose así en una buena y generosa”, ha destacado Román Rodríguez, quien también ha alabado el trabajo desarrollada por Milagros Otero durante su etapa de Valedora do Pobo. “Su actitud valiente, decidida y con capacidad de ayudar habla de un carácter positivo y por eso es de destacar su incorporación a esta Academia, aún joven, pero con una importante labor de defensa de los valores del Camino”.

El secretario general de la Academia Xacobea, Ulises Bértolo, fue el encargado de leer el acta de nombramiento de Milagros Otero, mientras que los académicos María Josefa Sanz Fuentes y Agustín Dosil Maceira ejercieron de padrinos de la nueva integrante de la institución.

La sesión celebrada en el Paraninfo de la USC congregó también a otras autoridades como la sucesora de Milagros Otero como Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, y el secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como a numerosos representantes del mundo universitario y de otras entidades e institución gallegas, como el Parlamento de Galicia, la Real Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación, la Fundación Penzol, la Federación Gallega de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, y la Editorial Galaxia, entre otras.