Close

septiembre 18, 2022

Literatura, mulleres no Camiño, xornalismo e música poñen o punto final ás “Xornadas Mar por Medio. O Camiño do Século XXI”

John Rutherford abriu as actividades do último día lembrando a súa experiencia como peregrino, que cualificou como “as vivencias máis profundas, máis complexas e máis importantes” da súa vida

O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e a concelleira Pilar Otero clausuraron as actividades tras dúas mesas redondas nas que participaron José de Cora, Pilar Falcón, Lois Celeiro, Xosé María García Palmeiro, Esther Eiros, María José Bravo Bosch, Laurie Dennet, Estíbaliz Veiga e Eduardo López Pereira

Ribadeo. Domingo, 18 de setembro do 2022. Unha conferencia, dúas mesas redondas e unha actuación musical puxeron hoxe o punto final en Ribadeo ás XVII Xornadas “Mar por Medio. O Camiño do Século XXI”, organizadas pola Academia Xacobea coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo, o Concello de Ribadeo e a Universidade de Santiago de Compostela. Atrás quedou un amplo programa de actividades que reuniu nesta localidade da Mariña lucense a unha trintena de especialistas de ámbitos tan diversos como a universidade, a medicina, o xornalismo, a educación ou a literatura, e que permitiron ao case centenar de participantes rexistrados abordar o fenómeno do Camiño de Santiago desde ópticas diversas, desde a perspectiva máis xeral e universal á visión máis próxima e local.

As actividades do terceiro e último día arrincaron, precisamente, co gran artífice de que estas Xornadas Mar por Medio comezarán a súa andaina hai xa tres décadas convertendo Ribadeo nun punto de referencia para o estudo da cultura galega e nunha ponte de unión entre esta terra e o Reino Unido. John Rutherford, fundador do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Oxford e profesor emérito do Queen’s College desa mesma institución, pronunciou no auditorio Hernán Naval unha conferencia na que partindo da súa novela “As frechas de ouro” lembrou algunhas das súas experiencias como peregrino no Camiño, que cualificou como “unha das vivencias máis profundas, máis complexas e máis importantes da miña vida”. Rutherford explicou que “atopei algo precioso que non buscaba, a conciencia de que nunca vou atopar o que busco, porque toda meta digna é por iso inalcanzable… Buscando non vou atopar máis nin menos que o gozo de buscar”. O humor e a comicidade marcaron tamén a súa intervención: “Como amosa o pensador galego Celestino Fernández de la Vega, humor significa sorrir pensativamente perante os pequenos e grandes misterios da vida humana, mentres que comicidade significa rirse de eles”, detallou. 

Tras a intervención de Rutherford, a profesora de Dereito Romano da Universidade de Vigo María José Bravo Bosch; a expresidenta da Confraternity of Saint James de Londres, Laurie Dennet; e a actriz, presentadora e articulista Estíbaliz Veiga participaron nunha mesa redonda moderada polo catedrático e académico Eduardo López Pereira e dedicada ao papel da muller no Camiño de Santiago. Despois foi a quenda de analizar como está a ser abordada a cuestión do Camiño nos medios de comunicación e que papel poden xogar estes para contribuír á súa promoción, pero tamén á súa preservación. Diso ocupáronse o xornalista e escritor José de Cora Paradela, a doutora en Dereito á Información, escritora e presidenta da Asociación de Xornalistas Galegos en Madrid, Pilar Falcón; o presidente da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago (Apecsa), Xosé María García Palmeiro, e o vicepresidente de Apecsa, Lois Celeiro. A xornalista e directora do programa radiofónico Xente Viaxeira, Esther Eiros, exerceu de moderadora.

O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e a concelleira de Cultura e Comercio de Ribadeo, Pilar Otero Cabarcos, procederon a continuación a clausurar da forma oficial as XVII Xornadas Mar por Medio. Pilar Otero fíxoo agradecendo o traballo de organización desenvolto pola Academia Xacobea e explicando que para a localidade supón un gran orgullo acoller de novo estas xornadas. Pola súa banda, Xesús Palmou agradeceu a colaboración tanto do Concello de Ribadeo, como da Deputación de Lugo, a Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia, para facer posible a celebración deste encontro e referiuse tamén a dúas persoas de Ribadeo “que se envorcaron desde o minuto 1: Manuel Valín e Daniel Veiga”.

Para terminar, do mesmo xeito que nas dúas xornadas precedentes, os participantes puideron gozar dunha actuación musical. Esta vez foi a soprano Rocío García Arias, acompañada ao piano por Guillermo Cruzado Martín, a encargada de facer vibrar ao público reunido no auditorio municipal de Ribadeo.

Literatura, mujeres en el Camino, periodismo y música ponen el punto final a las “Jornadas Mar por Medio. El Camino del Siglo XXI”

John Rutherford ha abierto las actividades del último día recordando su experiencia como peregrino, que ha calificado como “las vivencias más profundas, más complejas y más importantes” de su vida

El presidente de la Academia Xacobea, Xesús Palmou, y la concejala Pilar Otero han clausurado las actividades tras dos mesas redondas en las que han participado       José de Cora, Pilar Falcón, Lois Celeiro, Xosé María García Palmeiro, Esther Eiros, María José Bravo Bosch, Laurie Dennet, Estíbaliz Veiga y Eduardo López Pereira

Ribadeo. Domingo, 18 de septiembre del 2022. Una conferencia, dos mesas redondas y una actuación musical han puesto hoy el punto final en Ribadeo a las XVII Jornadas “Mar por Medio. El Camino del Siglo XXI”, organizadas por la Academia Xacobea con la colaboración de la Xunta de Galicia, la Diputación de Lugo, el Concello de Ribadeo y la Universidad de Santiago de Compostela. Atrás ha quedado un amplio programa de actividades que ha reunido en esta localidad de A Mariña lucense a una treintena de especialistas de ámbitos tan diversos como la universidad, la medicina, el periodismo, la educación o la literatura, y que han permitido al casi centenar de participantes inscritos abordar el fenómeno del Camino de Santiago desde ópticas diversas, desde la perspectiva más general y universal a la visión más próxima y local.

Las actividades del tercer y último día han arrancado, precisamente, con el gran artífice de que estas Jornadas Mar por Medio comenzarán su andadura hace ya tres décadas convirtiendo Ribadeo en un punto de referencia para el estudio de la cultura gallega y en un puente de unión entre esta tierra y el Reino Unido. John Rutherford, fundador del Centro de Estudios Gallegos de la Universidad de Oxford y profesor emérito del Queen’s College de esa misma institución, ha pronunciado en el auditorio Hernán Naval una conferencia en la que partiendo de su novela “Las flechas de oro” ha recordado algunas de sus experiencias como peregrino en el Camino, que ha calificado como “una de las vivencias más profundas, más complejas y más importantes de mi vida”. Rutherford ha explicado que “encontré algo precioso que no buscaba, la conciencia de que nunca voy a encontrar lo que busco, porque toda meta digna es por eso inalcanzable… Buscando no voy a encontrar más ni menos que el gozo de buscar”. El humor y la comicidad han marcado también su intervención: “Como muestra el pensador gallego Celestino Fernández de la Vega, humor significa sonreír pensativamente ante los pequeños y grandes misterios de la vida humana, mientras que comicidad significa reírse de ellos”, ha detallado.

Tras la intervención de Rutherford, la profesora de Derecho Romano de la Universidad de Vigo María José Bravo Bosch; la expresidenta de la Confraternity of Saint James de Londres, Laurie Dennet; y la actriz, presentadora y articulista Estíbaliz Veiga han participado en una mesa redonda moderada por el catedrático y académico Eduardo López Pereira y dedicada al papel de la mujer en el Camino de Santiago. Después ha sido el turno de analizar cómo está siendo abordada la cuestión del Camino en los medios de comunicación y qué papel pueden jugar estos para contribuir a su promoción, pero también a su preservación. De ello se han ocupado el periodista y escritor José de Cora Paradela, la doctora en Derecho a la Información, escritora y presidenta de la Asociación de Periodistas Gallegos en Madrid, Pilar Falcón; el presidente de la Asociación de Periodistas del Camino de Santiago (Apecsa), Xosé María García Palmeiro, y el vicepresidente de Apecsa, Lois Celeiro. La periodista y directora del programa radiofónico Gente Viajera, Esther Eiros, ha ejercido de moderadora.

El presidente de la Academia Xacobea, Xesús Palmou, y la concejala de Cultura y Comercio de Ribadeo, Pilar Otero Cabarcos, han procedido a continuación a clausurar de la forma oficial las XVII Jornadas Mar por Medio. Pilar Otero lo ha hecho agradeciendo el trabajo de organización desarrollado por la Academia Xacobea y explicando que para la localidad supone un gran orgullo acoger de nuevo estas jornadas. Por su parte, Xesús Palmou ha agradecido la colaboración tanto del Ayuntamiento de Ribadeo, como de la Diputación de Lugo, la Universidad de Santiago y la Xunta de Galicia, para hacer posible la celebración de este encuentro y se ha referido también a dos personas de Ribadeo “que se han volcado desde el minuto 1: Manuel Valín y Daniel Veiga”.

Para terminar, al igual que en las dos jornadas precedentes, los participantes han podido disfrutar de una actuación musical. Esta vez ha sido la soprano Rocío García Arias, acompañada al piano por Guillermo Cruzado Martín, la encargada de hacer vibrar al público reunido en el auditorio municipal de Ribadeo.