Close

septiembre 17, 2022

Ribadeo y A Mariña se sumergen en su pasado jacobeo gracias a las Jornadas Mar por Medio

El director del Centro de Interpretación del Camino del Norte, Xoán Ramón Fernández Pacios, y el cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez Fernández, han abordado en sendas conferencias las peregrinaciones por la Mariña lucense y las huellas del Camino de Santiago

El concierto de María do Ceo ha puesto el punto final al segundo día de las actividades organizadas por la Academia Xacobea, en el que también se han abordado cuestiones como la salud y la tradición hospitalaria del Camino y se ha rendido homenaje a la poetisa Luz Pozo Garza

Ribadeo. Sábado, 17 de septiembre del 2022. El segundo día de las “Jornadas Mar por Medio. El Camino del siglo XXI” ha permitido a los casi cien participantes inscritos proseguir con su acercamiento al Camino de Santiago y al fenómeno jacobeo desde puntos de vista muy diferentes y con reconocidos especialistas de ámbitos también diversos. Cuestiones como la evolución del perfil del peregrino a lo largo de los siglos, la tradición hospitalaria del Camino y los retos para la salud que supone encaminarse hacia Compostela han sido algunos de los temas abordados en una jornada en la que los vínculos de Ribadeo y de la Mariña Lucense con el fenómeno jacobeo han ocupado también un espacio destacado a través de dos voces de la zona muy autorizadas.

El director del Centro de Interpretación del Camino del Norte, Xoán Ramón Fernández Pacios, ha abierto las actividades de este sábado con una intervención en la que se ha sumergido en el pasado para recordar el tránsito de los peregrinos por A Mariña a lo largo de los siglos. Fernández Pacios ha explicado que aunque resulta difícil precisar cuando comenzaron a atravesar la zona quienes se dirigían a Santiago, la referencia documental más antigua se remonta al año 1117, año del testamento de Urraca Bermúdez. En el documento la mujer cedía sus bienes al monasterio de Vilanova de Lourenzá para que ofreciesen misas tanto por ella como por los peregrinos que pasaban por la zona. Fernández Pacios ha explicado también que mayoritariamente los peregrinos eran hombres, puesto que las mujeres se encontraban más trabas para realizar el Camino, y ha apuntado asimismo que casi un tercio de las personas que atravesaron A Mariña hacia Compostela entre los siglos XVI y XIX eran franceses. Además, tal como fue apuntado ya en el acto inaugural de las jornadas, ha reivindicado la importancia el Camino del Mar, que bordea todo la costa lucense hasta unirse ya en Neda con el Camino Inglés.

También ha viajado al pasado para recordar algunas curiosidades del Camino a su paso por Ribadeo el actual cronista oficial de la localidad, Eduardo Gutiérrez, figura clave de la puesta en marcha de las Jornadas Mar por Medio desde su responsabilidad como alcalde hace tres décadas. Citando a autores como Francisco Lanza, Pablo Arribas Briones o José Villamil y Castro, Gutiérrez ha recordado historias locales del Camino como las barcas piadosas o los puentes que tiemblan. Así, ha apuntado que en el siglo XIII un devoto matrimonio ribadense puso en marcha un servicio de barqueros para que los peregrinos pudiesen cruzar la Ría de Ribadeo y seguir su ruta hacia Compostela, y ha explicado también que los precarios puentes empleados en otros casos para poder seguir la ruta causaban tal impresión entre quienes los cruzaban que incluso fueron inmortalizados en sus cantigas por los peregrinos franceses. 

Gutiérrez ha hablado también en su intervención de los hospitales que fueron creándose en la zona siglos atrás para atender a los peregrinos, cuestión esta que también ha sido abordada, aunque ya en el plano general de todas la rutas de peregrinación a Santiago, por el presidente de la Academia Xacobea, Xesús Palmou, en la conferencia con la que las Jornadas han retomado su actividad tras el parón del mediodía. Fundados por la iglesia y sus distintas órdenes religiosas y atendidos en sus inicios normalmente por un “barbero sangrador” o un monje con una formación eminentemente empírica, aquellas modestas instalaciones fueron evolucionando hasta convertirse en un símbolo del Camino y contribuir también a que la hospitalidad constituya un aspecto fundamental de la historia de las peregrinaciones a Compostela, según ha explicado Palmou. En su conferencia el presidente de la Academia Xacobea ha recorrido buena parte de los hospitales que jalonan el Camino a través de los testimonios de la época y se ha ocupado también de otras cuestiones como la alimentación de los peregrinos.

Y al igual que los hospitales del Camino han evolucionado con el paso del tiempo, también lo han hecho las enfermedades y afecciones que padecen los peregrinos. Así lo ha puesto de manifiesto en su conferencia Antonio Pose, médico internista y director de la Cátedra de Cronicidad de la Universidad de Santiago. Este experto ha explicado que el Camino, como lugar de encuentro y de convivencia, ha sido tradicionalmente un espacio que facilitaba la transmisión de enfermedades infecciosas. A esto contribuía también el hecho de que era el Camino era muy frecuentado por enfermos, pero la situación ha evolucionado notablemente. Pose ha explicado que el perfil del peregrino ha cambiado, como también lo han hecho las condiciones de higiene y la medicina preventiva, y ha abogado por la realización de estudios tanto retrospectivos como prospectivos de las infecciones del Camino para mejorar la seguridad sanitaria y la calidad de vida de los peregrinos.

El programa del sábado se ha completado con la conferencia impartida por el deán de la Catedral de Santiago, José Fernández Lago, bajo el título “El peregrino antaño y hoy”, y con una mesa redonda en recuerdo de Luz Pozo Garza en la que los profesores Claudio Rodríguez Fer, Olivia Rodríguez y Carlos Álvarez Lebredo han recordado la trayectoria y la importancia de la poetisa ribadense, fallecida hace 2 años y de cuyo nacimiento se celebra su centenario en este 2022. Además, Antonio Deaño Gamallo, profesor del IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, ha ofrecido un recital poético antes de dar paso al cierre musical, que en esta ocasión ha correspondido a la conocida fadista María do Ceo.

Ribadeo e A Mariña mergúllanse no seu pasado xacobeo grazas ás Xornadas Mar por Medio

O director do Centro de Interpretación do Camiño do Norte, Xoán Ramón Fernández Pacios, e o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez Fernández, abordaron en senllas conferencias as peregrinacións pola Mariña lucense e as pegadas do Camiño de Santiago

O concerto de María do Ceo puxo o punto final ao segundo día das actividades organizadas pola Academia Xacobea, no que tamén se abordaron cuestións como a saúde e a tradición hospitalaria do Camiño e rendeuse homenaxe á poetisa Luz Pozo Garza

Ribadeo. Sábado, 17 de setembro do 2022. O segundo día das “Xornadas Mar por Medio. O Camiño do século XXI” permitiu aos case cen participantes inscritos proseguir co seu achegamento ao Camiño de Santiago e ao fenómeno xacobeo desde puntos de vista moi diferentes e con recoñecidos especialistas de ámbitos tamén diversos. Cuestións como a evolución do perfil do peregrino ao longo dos séculos, a tradición hospitalaria do Camiño e os retos para a saúde que supón encamiñarse cara a Compostela foron algúns dos temas abordados nunha xornada na que os vínculos de Ribadeo e da Mariña Lucense co fenómeno xacobeo ocuparon tamén un espazo destacado a través de dúas voces da zona moi autorizadas.

O director do Centro de Interpretación do Camiño do Norte, Xoán Ramón Fernández Pacios, abriu as actividades deste sábado cunha intervención na que se mergullou no pasado para lembrar o tránsito dos peregrinos pola Mariña ao longo dos séculos. Fernández Pacios explicou que aínda que resulta difícil precisar cando comezaron a atravesar a zona quen se dirixían a Santiago, a referencia documental máis antiga remóntase ao ano 1117, ano do testamento de Urraca Bermúdez. No documento a muller cedía os seus bens ao mosteiro de Vilanova de Lourenzá para que ofrecesen misas tanto por ela como polos peregrinos que pasaban pola zona. Fernández Pacios explicou tamén que maioritariamente os peregrinos eran homes, posto que as mulleres atopábanse máis trabas para realizar o Camiño, e apuntou así mesmo que case un terzo das persoas que atravesaron A Mariña cara a Compostela entre os séculos XVI e XIX eran franceses. Ademais, tal como foi apuntado xa no acto inaugural das xornadas, reivindicou a importancia o Camiño do Mar, que bordea todo a costa lucense ata unirse xa en Neda co Camiño Inglés.

Tamén viaxou ao pasado para lembrar algunhas curiosidades do Camiño ao seu paso por Ribadeo o actual cronista oficial da localidade, Eduardo Gutiérrez, figura clave da posta en marcha das Xornadas Mar por Medio desde a súa responsabilidade como alcalde hai tres décadas. Citando a autores como Francisco Lanza, Pablo Arribas Briones ou José Villamil y Castro, Gutiérrez lembrou historias locais do Camiño como as barcas piadosas ou as pontes que tremen. Así, apuntou que no século XIII un devoto matrimonio ribadense puxo en marcha un servizo de barqueiros para que os peregrinos puidesen cruzar a Ría de Ribadeo e seguir a súa ruta cara a Compostela, e explicou tamén que as precarias pontes empregadas noutros casos para poder seguir a ruta causaban tal impresión entre quen as cruzaba que mesmo foron inmortalizados nas súas cantigas polos peregrinos franceses. 

Gutiérrez falou tamén na súa intervención dos hospitais que foron creándose na zona séculos atrás para atender aos peregrinos, cuestión esta que tamén foi abordada, aínda que xa no plano xeral de todas as rutas de peregrinación a Santiago, polo presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, na conferencia coa que as Xornadas retomaron a súa actividade tras o parón do mediodía. Fundados pola igrexa e as súas distintas ordes relixiosas e atendidos nos seus inicios normalmente por un “barbeiro sangrador” ou un monxe cunha formación eminentemente empírica, aquelas modestas instalacións foron evolucionando ata converterse nun símbolo do Camiño e contribuír tamén a que a hospitalidade constitúa un aspecto fundamental da historia das peregrinacións a Compostela, segundo explicou Palmou. Na súa conferencia o presidente da Academia Xacobea percorreu boa parte dos hospitais do Camiño a través dos testemuños da época e ocupouse tamén doutras cuestións como a alimentación dos peregrinos.

E do mesmo xeito que os hospitais do Camiño evolucionaron co paso do tempo, tamén o fixeron as enfermidades e afeccións que padecen os peregrinos. Así o puxo de manifesto na súa conferencia Antonio Pouse, médico internista e director da Cátedra de Cronicidade da Universidade de Santiago. Este experto explicou que o Camiño, como lugar de encontro e de convivencia, foi tradicionalmente un espazo que facilitaba a transmisión de enfermidades infecciosas. A isto contribuía tamén o feito de que era o Camiño era moi frecuentado por enfermos, pero a situación ten cambiado  notablemente. Pose explicou que o perfil do peregrino mudou, como tamén o fixeron as condicións de hixiene e a medicina preventiva, e avogou pola realización de estudos tanto retrospectivos como prospectivos das infeccións do Camiño para mellorar a seguridade sanitaria e a calidade de vida dos peregrinos.O programa do sábado completouse coa conferencia impartida polo deán da Catedral de Santiago, José Fernández Lago, baixo o título “O peregrino antano e hoxe”, e cunha mesa redonda en recordo de Luz Pozo Garza na que os profesores Claudio Rodríguez Fer, Olivia Rodríguez e Carlos Álvarez Lebredo lembraron a traxectoria e a importancia da poetisa ribadense, falecida hai 2 anos e de cuxo nacemento se celebra o seu centenario neste 2022. Ademais, Antonio Deaño Gamallo, profesor do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, ofreceu un recital poético antes de dar paso ao peche musical, que nesta ocasión correspondeu á coñecida fadista María do Ceo.