Close

septiembre 16, 2022

A Academia Xacobea recupera as Xornadas Mar por Medio reunindo en Ribadeo a máis dun centenar de especialistas e asistentes para reflexionar sobre o Camiño de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a deputada provincial María Loureiro, a concelleira Pilar Otero, o vicerreitor do Campus de Lugo, Francisco Fraga; o profesor John Rutherford e o presidente da Academia, Xesús Palmou, inauguraron as actividades

Conferencias, mesas redondas, poesía, música e unha exposición de temática xacobea integran o programa de actos que se desenvolverán ata o domingo no auditorio municipal

Ribadeo. Venres, 16 de setembro do 2022. Case tres lustros despois da súa última edición, as Xornadas Mar por Medio retomaron hoxe a súa actividade convertendo de novo a localidade de Ribadeo en punto de encontro para a reflexión, o debate e a análise. A súa sesión inaugural reuniu esta tarde no auditorio municipal a organizadores, autoridades, relatores, colaboradores e aos asistentes que durante tres días participarán en un intenso e minucioso achegamento ao Camiño de Santiago e ao fenómeno xacobeo desde ópticas diversas.

Coincidindo coa recta final deste excepcional Ano Santo bianual 2021-22, a Academia Xacobea asumiu o reto de dar continuidade ao traballo ao redor da cultura galega desenvolto durante as 16 edicións anteriores por iniciativa do profesor emérito do Queen’s College da Universidade de Oxford e fundador do Centro de Estudos Galegos desa prestixiosa institución, John Rutherford, tal como sinalou no acto inaugural e en presenza do propio Rutherford o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou. Xunto a eles estiveron tamén a concelleira de Cultura e Comercio de Ribadeo, Pilar Otero Cabarcos; a deputada provincial e responsable da área de Muller e Igualdade, María Loureiro; o vicerreitor do Campus de Lugo da USC, Francisco Fraga López, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desexando aos máis de 30 relatores e os case cen participantes unhas proveitosas xornadas.

“No nome da Academia Xacobea quero, en primeiro lugar agradecer ás institucións impulsoras e colaboradoras destas xornadas a confianza ao encomendarnos a súa organización, pero tamén, e moi especialmente a súa extraordinaria achega, para que se poidan desenvolver con éxito: Xunta de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela, Deputación de Lugo, e Concello de Ribadeo, que nos acolle nestas dependencias”, sinalou Xesús Palmou no arranque da súa intervención. O presidente da Academia Xacobea explicou ademais que as Xornadas Mar por Medio, que nesta décimo sétima edición levan tamén por título O Camiño do Século XXI, “encaixan plenamente dentro dos fins e obxectivos da Academia Xacobea, é dicir, o estudo, a investigación e a difusión do Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo nas súas distintas facetas”. Así mesmo, Palmou enumerou os distintos temas que serán abordados durante os tres días que durarán estas Xornadas (o Camiño e a integración europea, as novas tecnoloxías, a evolución da peregrinación, a hospitalidade e as enfermidades no Camiño, o papel da muller no Camiño, etcétera) e destacou que os relatorios e mesas redondas complementaranse cun atractivo programa de actividades que permitirá lembrar e homenaxear á poetisa Luz Pozo Garza, visitar unha exposición sobre o Camiño de Santiago ou gozar da música en vivo da Coral Polifónica de Ribadeo, Rocío García Arias e María do Ceo.

Todas as autoridades que interviñeron no acto inaugural de hoxe tiveron palabras de agradecemento e recoñecemento para John Rutherford non só polo seu papel como impulsor das xornadas, senón tamén polo labor como embaixador desta terra que ten desenvolvido no Reino Unido. “Non só Ribadeo lle debe moito a John Rutherford, toda Galicia débelle moito por ter levado o galego a Oxford”, sinalou o secretario xeral de Política Lingüística. Valentín García felicitouse tamén pola recuperación destas veteranas xornadas, agradeceu o traballo realizado pola Academia Xacobea e destacou a importancia da colaboración entre todas as administracións. “Ribadeo volve ter o Mar por Medio, ese mar que non separa, senón que nos une porque permítenos navegar y achegarnos”, apuntou o representante da Xunta.

A concelleira Pilar Otero destacou tamén o valor que para Ribadeo ten a recuperación destas xornadas, e a deputada provincial María Loureiro centrou a súa intervención na importancia que o Camiño de Santiago ten en toda a provincia de Lugo lembrando que ademais de ser territorio de paso de catro itinerarios oficiais (o Camiño Francés, o do Norte, o Primitivo e o de Inverno) é tamén terra dunha ruta pendente de recoñecemento oficial, pero que pode xugar un papel crucial para o desenvolvemento do norte da provincia: o Camiño do Mar. Tamén o vicerreitor Francisco Fraga aproveitou a súa intervención para reivindicar o recoñecemento oficial doutra ruta que atravesa as terras lucenses: a Vía Küning. Ademais o representante da USC felicitou á Academia Xacobea polo éxito de convocatoria que están a ter estas Xornadas: “Hoxe en día resulta todo un éxito reunir a tanta xente nunhas xornadas como estas”, indicou. 

Pola súa banda, John Rutherford agradeceu as palabras que lle dedicaron os presentes, pero quixo precisar que non foi el o fundador das jornadas hai xa tres décadas, senón que foi o daquela alcalde Eduardo Gutiérrez quen o animou a preparar unhas xornadas y que foi, así mesmo, o rexidor quen lles puso nombre. Tamén destacou o papel desempeñado por Manuel Valín.

Tras o acto inaugural, a primeira xornada proseguiu cunha conferencia da académica e catedrática da Universidade de Oviedo Josefa Sanz Fuentes sobre o Camiño de Santiago como elemento integrador de Europa, e cunha intervención sobre o Camiño de Santiago e as tecnoloxías por parte do director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Ildefonso de la Campa. Este último foi, ademais, o encargado de inaugurar a continuación a exposición sobre o Camiño de Santiago que se poderá visitar durante todo o desenvolvemento das Xornadas. O primeiro día de actividades concluíu cun concerto a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo.

La Academia Xacobea recupera las Jornadas Mar por Medio reuniendo en Ribadeo a más de un centenar de especialistas y asistentes para reflexionar sobre el Camino de Santiago

El secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, la diputada provincial María Loureiro, la concejala Pilar Otero, el vicerrector del Campus de Lugo, Francisco Fraga; el profesor John Rutherford y el presidente de la Academia, Xesús Palmou, han inaugurado las actividades

Conferencias, mesas redondas, poesía, música y una exposición de temática jacobea integran el programa de actos que se desarrollarán hasta el domingo en el auditorio municipal

Ribadeo. Viernes, 16 de septiembre del 2022. Casi quince años después de su última edición, las Jornadas Mar por Medio han retomado hoy su actividad convirtiendo de nuevo a la localidad de Ribadeo en un punto de encuentro para la reflexión, el debate y el análisis. Su sesión inaugural ha reunido esta tarde en el auditorio municipal a organizadores, autoridades, ponentes, colaboradores y a los asistentes que durante tres días participarán en un intenso y minucioso acercamiento al Camino de Santiago y al fenómeno jacobeo desde ópticas diversas. 

Coincidiendo con la recta final de este excepcional Año Santo bianual 2021-22, la Academia Xacobea ha asumido el reto de dar continuidad al trabajo en torno a la cultura gallega desarrollado durante las 16 ediciones anteriores por iniciativa del profesor emérito del Queen’s College de la Universidad de Oxford y fundador del Centro de Estudios Gallegos de esa prestigiosa institución, John Rutherford, tal como ha señalado en el acto inaugural y en presencia del propio Rutherford, el presidente de la Academia Xacobea, Xesús Palmou. Junto a ellos han estado también la concejala de Cultura y Comercio de Ribadeo, Pilar Otero Cabarcos; la diputada provincial y responsable del Área de Muller e Igualdade, María Loureiro; el vicerrector del Campus de Lugo de la USC, Francisco Fraga López, y el secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deseando a los más de 30 ponentes y a los casi cien participantes unas provechosas jornadas.

“En el nombre de la Academia Xacobea quiero, en primer lugar agradecer a  las instituciones impulsoras y colaboradoras de estas jornadas la confianza al encomendarnos su organización, pero también, y muy especialmente su extraordinaria aportación, para que se puedan desarrollar con éxito: Xunta de Galicia, Universidad de Santiago de Compostela, Diputación de Lugo, y Concello de Ribadeo, que nos acoge en estas dependencias”, ha señalado Xesús Palmou en el arranque de su intervención. El presidente de la Academia Xacobea ha explicado además que las Jornadas Mar por Medio, que en esta decimoséptima edición llevan también por título El Camino del Siglo XXI, “encajan plenamente dentro de los fines y objetivos de la Academia Xacobea, es decir, el estudio, la investigación y la difusión del Camino de Santiago y el fenómeno Jacobeo en sus distintas facetas”. Asimismo, Palmou ha enumerado los distintos temas que serán abordados durante los tres días que durarán estas Jornadas (el Camino en la construcción europea, la evolución de la peregrinación, la hospitalidad y las enfermedades en el Camino, el papel de la mujer en el Camino, etcétera) y ha destacado que las ponencias y mesas redondas se complementarán con un atractivo programa de actividades que permitirá recordar y homenajear a la poetisa Luz Pozo Garza, visitar una exposición sobre el Camino de Santiago o disfrutar de la música en vivo de la Coral Polifónica de Ribadeo, Rocío García Arias y María do Ceo.

Todas las autoridades que han intervenido en el acto inaugural de hoy han tenido palabras de agradecimiento y reconocimiento hacia John Rutherford no solo por su papel como impulsor de las jornadas, sino también por la labor como embajador de esta tierra que ha desarrollado en el Reino Unido. “No solo Ribadeo le debe mucho a John Rutherford, toda Galicia le debe mucho por haber llevado el gallego a Oxford”, ha señalado el secretario xeral de Política Lingüística. Valentín García se ha felicitado también por la recuperación de estas veteranas jornadas, ha agradecido el trabajo realizado por la Academia Xacobea y ha destacado la importancia de la colaboración entre todas las administraciones. “Ribadeo vuelve a tener el Mar por Medio, ese mar que no separa, sino que nos une porque nos permite navegar y acercarnos”, ha apuntado el representante de la Xunta.

La concejala Pilar Otero ha destacado también el valor que para Ribadeo tiene la recuperación de estas jornadas, y la diputada provincial María Loureiro ha centrado su intervención en la importancia que el Camino de Santiago tiene en toda la provincia de Lugo recordando que además de ser territorio de paso de cuatro itinerarios oficiales (el Camino Francés, el del Norte, el Primitivo y el de Invierno) es también tierra de una ruta pendiente de reconocimiento oficial, pero que puede jugar un papel crucial para el desarrollo del norte de la provincia: el Camino del Mar. También el vicerrector Francisco Fraga ha aprovechado su intervención para reivindicar el reconocimiento oficial de otra ruta que atraviesa las tierras lucenses: la Vía Küning. Además el representante de la USC ha felicitado a la Academia Xacobea por el éxito de convocatoria que han tenido estas Jornadas: “Hoy en día resulta todo un éxito reunir a tanta gente en unas jornadas como estas”, ha indicado. 

Por su parte, John Rutherford ha agradecido las palabras que le dedicaron los presentes, pero ha querido precisar que no fue él el fundador de las jornadas hace ya tres décadas, sino que fue el entonces alcalde Eduardo Gutiérrez quien lo animó a preparar unas jornadas y que fue, asimismo, el regidor quien les puso nombre. También destacó el papel desempeñado por Manuel Valín.

Tras el acto inaugural, la primera jornada ha proseguido con una conferencia de la académica y catedrática de la Universidad de Oviedo Josefa Sanz Fuentes sobre el Camino de Santiago como elemento integrador de Europa, y con una intervención sobre el Camino de Santiago y las tecnologías por parte del director de Administración y Relaciones con las Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, Ildefonso de la Campa,. Este último ha sido, además, el encargado de inaugurar a continuación la exposición sobre las peregrinaciones a Galicia desde Escandinavia, que se podrá visitar durante todo el desarrollo de las Jornadas. El primer día de actividades ha concluido con la actuación de la Coral Polifónica de Ribadeo.