Close

noviembre 29, 2021

La Academia Xacobea tomará parte en la clausura del Congreso Bienal mundial que la World Jurist Association celebrará los días 2 y 3 en diciembre en Colombia

Xesús Palmou participará en una mesa redonda sobre derecho comunitario e integración regional moderada por el ministro de Asuntos Exteriores de Ecuador

Los actos programados en Barranquilla congregarán a personalidades del mundo del derecho, la justicia y la Administración llegadas desde cuatro continentes, y serán clausurados por el Rey Felipe VI

Santiago de Compostela. Viernes, 26 de noviembre del 2021. El presidente de la Academia Xacobea, Xesús Palmou, ha sido invitado a participar en las sesiones de clausura del Congreso Bienal mundial de la World Jurist Association, que se celebrarán en la ciudad colombiana de Barranquilla los días 2 y 3 del mes de diciembre. El encuentro organizado por esta entidad fundada en 1963 e integrada por jueces, magistrados, abogados, catedráticos y otros profesionales del ámbito del derecho de más de 140 nacionalidades diferentes reunirá a expertos llegados de cuatro continentes. Todos ellos participarán en un amplio programa de actividades que se desarrollará bajo el título “Estado de derecho: desarrollo de las naciones”. La presente edición de este congreso arrancó el 7 de julio del 2020 y tras quince sesiones celebradas mensualmente en ciudades de todo el mundo de forma virtual llega ahora a su final en tierras colombianas.

Xesús Palmou, doctor en derecho y miembro de la Real Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación, atesora una amplia experiencia en el mundo de las leyes desde ópticas y responsabilidades diferentes y tanto en el ámbito privado como en el público. Sus dos décadas de ejercicio activo de la abogacía, su labor como diputado en el Parlamento de Galicia durante cinco legislaturas, su participación activa en la redacción de importantes leyes autonómicas, su papel como máximo responsable del área de Justicia en varios gobiernos gallegos, y su actual tarea en la Academia Xacobea como presidente y como estudioso del fenómeno de las peregrinaciones desde el ámbito del derecho, son algunos de los motivos que han llevado a los organizadores de la World Jurist Association a invitarlo a formar parte de una de las mesas redondas previstas para la jornada del 2 de diciembre.

“Derecho Comunitario: Integración regional” es el título de la mesa redonda en la que participará Palmou y que será moderada por el ministro de Relaciones Exteriores de Ecuador, Mauricio Montalvo. Junto a ellos estarán Clarems Endara, secretario permanente del Sistema Económico Latinoamericano y del Caribe (SELA); José Luis Gutiérrez Sardán y César Montaño Galarza, rectores de la sede central (Bolivia) y de la sede nacional de Ecuador de la Universidad Andina Simón Bolívar; Juan Pablo Letelier, presidente del Parlamento Andino; Hugo Ramiro Gómez Apauc, magistrado del Tribunal de Justicia de la Comunidad Andina; Arman Shakkaliyev, ministro de Competencia y Regulación Antimonopolio de la Unión Económica Euroasiática, y Ricardo Schembri Carrasquilla, presidente del Consejo Superior de la Universidad Andina Simón Bolívar y jefe del Servicio Jurídico de la Comunidad Andina. La intervención del presidente de la Academia Xacobea se centrará en “El Camino de Santiago en las fuentes del Derecho y creación de espacios regionales”.La World Jurist Association, organización no gubernamental que goza de estatus consultivo especial ante la ONU, ha elegido Colombia como sede de las sesiones de clausura de este congreso para conmemorar el 30 aniversario de la aprobación de la constitución de ese país hispanoamericano. Es por ello también que el premio con el que la institución reconoce a importantes personalidades por su compromiso con la paz a través del derecho, el World Peace & Liberty Award, será entregado en esta ocasión al presidente de la República de Colombia, Iván Duque Márquez, que se unirá así a un selecto listado de galardonados del que forman parte, entre otros, Winston Churchill y Nelson Mandela. El Rey Felipe VI, premiado hace dos años, será el encargado de hacer entrega de este reconocimiento al máximo mandatario colombiano durante el acto de clausura oficial.

A Academia Xacobea tomará parte na clausura do Congreso Bienal mundial que a World Jurist Association celebrará os días 2 e 3 de decembro en Colombia

Xesús Palmou participará nunha mesa redonda sobre dereito comunitario e integración rexional moderada polo ministro de Asuntos Exteriores de Ecuador

Os actos programados en Barranquilla congregarán a personalidades do mundo do dereito, a xustiza e a Administración chegadas desde catro continentes, e serán clausurados polo Rei Felipe VI

Santiago de Compostela. Venres, 26 de novembro do 2021. O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, foi convidado a participar nas sesións de clausura do Congreso Bienal mundial da World  Jurist  Association, que se celebrarán na cidade colombiana de Barranquilla os días 2 e 3 do mes de decembro. O encontro organizado por esta entidade fundada en 1963 e integrada por xuíces, maxistrados, avogados, catedráticos e outros profesionais do ámbito do dereito de máis de 140 nacionalidades diferentes reunirá a expertos chegados de catro continentes. Todos eles participarán nun amplo programa de actividades que se desenvolverá baixo o título “Estado de dereito: desenvolvemento das nacións”. A presente edición deste congreso arrancou o 7 de xullo do 2020 e tras quince sesións celebradas mensualmente en diversas cidades de todo o mundo de forma virtual chega agora á súa fin en terras colombianas.

Xesús Palmou, doutor en dereito e membro da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, atesoura unha ampla experiencia no mundo das leis desde ópticas e responsabilidades diferentes e tanto no ámbito privado como no público. As súas dúas décadas de exercicio activo da avogacía, o seu labor como deputado no Parlamento de Galicia durante cinco lexislaturas, a súa participación activa na redacción de importantes leis autonómicas, o seu papel como máximo responsable da área de Xustiza en varios gobernos galegos, e a súa actual tarefa na Academia Xacobea como presidente e como estudoso do fenómeno das peregrinacións desde o ámbito do dereito, son algúns dos motivos que levaron aos organizadores da World Jurist Association a convidalo a formar parte dunha das mesas redondas previstas para a xornada do 2 de decembro.

“Dereito Comunitario: Integración rexional” é o título da mesa redonda na que participará Palmou e que será moderada polo ministro de Relacións Exteriores de Ecuador, Mauricio Montalvo. Xunto a eles estarán Clarems Endara, secretario permanente do Sistema Económico Latinoamericano e do Caribe (SELA); José Luis Gutiérrez Sardán e César Montaño Galarza, reitores da sede central (Bolivia) e da sede nacional de Ecuador da Universidade Andina Simón Bolívar; Juan Pablo Letelier, presidente do Parlamento Andino; Hugo Ramiro Gómez Apauc, maxistrado do Tribunal de Xustiza da Comunidade Andina; Arman Shakkaliyev, ministro de Competencia e Regulación Antimonopolio da Unión Económica Euroasiática, e Ricardo Schembri Carrasquilla, presidente do Consello Superior da Universidade Andina Simón Bolívar e xefe do Servizo Xurídico da Comunidade Andina. A intervención do presidente da Academia Xacobea centrarase en “O Camiño de Santiago nas fontes do Dereito e creación de espazos rexionais”A World Jurist Association, organización non gobernamental que goza de status consultivo especial na ONU, elixiu Colombia como sede das sesións de clausura deste congreso para conmemorar o 30 aniversario da aprobación da constitución dese país hispanoamericano. É por iso tamén que o premio co que a institución recoñece a importantes personalidades polo seu compromiso coa paz a través do dereito, o World Peace & Liberty Award, será entregado nesta ocasión ao presidente da República de Colombia, Iván Duque Márquez, que se unirá así a unha selecta listaxe de galardoados da que forman parte, entre outros, Winston Churchill e Nelson Mandela. O Rei Felipe VI, premiado hai dous anos, será o encargado de facer entrega deste recoñecemento ao máximo mandatario colombiano durante o acto de clausura oficial.