Close

noviembre 22, 2021

La Academia Xacobea reafirma su compromiso con los valores del Camino de Santiago en la entrega de los premios New York Summit Awards

Xesús Palmou recogió el galardón en una gala en la que también fueron premiadas la Fundación Rafa Nadal, la Unidad Militar de Emergencias, el Museo del Holocausto de Nueva York y la Fundación Vicente Ferrer

La entrega de los premios que impulsa la ICL Foundation se ha trasladado este año a causa de la pandemia desde la ciudad de Nueva York a Marbella

Marbella. Sábado, 20 de noviembre del 2021. La Academia Xacobea fue una de las entidades galardonadas la noche del viernes con los New York Summit Awards, los premios que impulsa la ICL Foundation para celebrar y visibilizar los ejemplos de liderazgo hispano. El Marbella Arena sustituyó en esta ocasión a la ciudad de Nueva York como sede de un acto que suma cinco ediciones y que ha vuelto a reunir a un amplio y destacado grupo de personas e instituciones de ámbito y prestigio internacional.

El presidente de la Academia Xacobea, Xesús Palmou, recogió el galardón Embajador Mundial Marca España con el que los organizadores de los premios han querido reconocer la labor y el alcance internacional de una institución sin ánimo de lucro fundada hace apenas 5 años, pero que ya atesora un amplio trabajo en cumplimiento de su principal objetivo fundacional: “La promoción y desarrollo de la investigación, estudio y divulgación del Camino de Santiago y del fenómeno Xacobeo en todas sus vertientes, así como la promoción y difusión de los valores universales que le son propios”. La celebración en junio de este mismo año en Santiago de Compostela del primer Congreso Mundial Jacobeo, presidido e inaugurado por el Rey Felipe VI, ha sido hasta la fecha la punta de lanza de una entidad que se ha convertido también en una gran dinamizadora de la literatura jacobea a través de sus premios de novela, poesía y ensayo Camino de Santiago.

La directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fue la encargada de hacer entrega del galardón concedido a la Academia Xacobea. La representación gallega corrió a cargo también de la Banda de Gaitas de la Provincia de Pontevedra, que actuó al comienzo de la velada y para dar paso a la entrega del premio a la Academia. Xesús Palmou tuvo palabras de agradecimiento para Ray Cazorla, como presidente de la ICL Foundation y organizador de estos New York Summit Awards, y reafirmó el compromiso de la Academia Xacobea con la promoción de los “principios y valores que se forjaron en el peregrinar a Santiago, que pretendemos que contribuyan a la paz y convivencia entre los pueblos del mundo y su desarrollo sostenible”.

Junto a la Academia Xacobea los New York Summit Awards han premiado también en esta ocasión a La Fundación Rafa Nadal (Premio Embajadores Mundiales del Deporte), el programa televisivo MasterChef España (Premio Embajadores Mundiales de la Gastronomía), la Fundación Vicente Ferrer (Premio al Mejor Proyecto Fundacional), la extesorera de Estados Unidos Rosario Marín (Premio a Mujer Líder Hispana), el presentador de informativos de Antena 3 Vicente Vallés (Premio al Mejor Periodista del 2021), y la Unidad Militar de Emergencias y el Museo del Holocausto de Nueva York (Premios de la Concordia), entre otras instituciones y personalidades. Además, con motivo del 20 aniversario del ataque terrorista a las Torres Gemelas, los premios incorporan un apartado especial con el que reconocerán también a instituciones como el Departamento de Policía de Nueva York.En anteriores ediciones, los New York Summit Awards galardonaron a personalidades e instituciones como la premio Nobel Rigoberta Menchú, el actor Antonio Banderas, la Fundación Real Madrid y las familias Kennedy, Mandela y Luther King.

A Academia Xacobea reafirma o seu compromiso cos valores do Camiño de Santiago na entrega dos premios New York Summit Awards

Xesús Palmou recolleu o galardón nunha gala na que tamén foron premiadas a Fundación Rafa Nadal, a Unidade Militar de Emerxencias, o Museo do Holocausto de Nova York e a Fundación Vicente Ferrer

A entrega dos galardóns que impulsa a ICL Foundation trasladouse este ano a causa da pandemia desde Nova York a Marbella

Marbella. Sábado, 20 de novembro do 2021. A Academia Xacobea foi unha das entidades galardoadas onte á noite cos New York Summit Awards, os premios que impulsa a ICL Foundation para celebrar e visibilizar os exemplos de liderado hispano. O Marbella Arena substituíu nesta ocasión á cidade de Nova York como sede dun acto que suma cinco edicións e que volveu reunir a un amplo e destacado grupo de persoas e institucións de ámbito e prestixio internacional.

O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, recolleu o galardón Embaixador Mundial Marca España co que os organizadores dos premios quixeron recoñecer o labor e o alcance internacional dunha institución sen ánimo de lucro fundada hai apenas 5 anos, pero que xa atesoura un amplo traballo en cumprimento do seu principal obxectivo fundacional: “A promoción e desenvolvemento da investigación, estudo e divulgación do Camiño de Santiago e do fenómeno Xacobeo en todas as súas vertentes, así como a promoción e difusión dos valores universais que lle son propios”. A celebración en xuño deste mesmo ano en Santiago de Compostela do primeiro Congreso Mundial Xacobeo, presidido e inaugurado polo Rei Felipe VI, foi ata a data a punta de lanza dunha entidade que se converteu tamén nunha gran dinamizadora da literatura xacobea a través dos seus premios de novela, poesía e ensaio Camiño de Santiago.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de facer entrega do galardón concedido á Academia Xacobea. A representación galega correu a cargo tamén da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra, que actuou ao comezo da velada e para dar paso á entrega do premio á Academia. Xesús Palmou tivo palabras de agradecemento para Ray Cazorla, como presidente da ICL Foundation e organizador destes New York Summit Awards, e reafirmou o compromiso da Academia Xacobea coa promoción dos “principios e valores que se forxaron no peregrinar a Santiago, que pretendemos que contribúan á paz e convivencia entre os pobos do mundo e o seu desenvolvemento sostible”.

Xunto á Academia Xacobea os New York Summit Awards premiaron tamén nesta ocasión á Fundación Rafa Nadal (Premio Embaixadores Mundiais do Deporte), o programa televisivo  MasterChef España (Premio Embaixadores Mundiais da Gastronomía), a Fundación Vicente Ferrer (Premio ao Mellor Proxecto Fundacional), a extesorera de Estados Unidos Rosario Marín (Premio a Muller Líder Hispana), o presentador de informativos de Antena 3 Vicente Vallés (Premio ao Mellor Xornalista do 2021), e a Unidade Militar de Emerxencias e o Museo do Holocausto de Nova York (Premios da Concordia), entre outras institucións e personalidades. Ademais, con motivo do 20 aniversario do ataque terrorista ás Torres Xemelgas, os premios incorporan un apartado especial co que recoñecerán tamén a institucións como o Departamento de Policía de Nova York.En anteriores edicións, os New York Summit Awards galardoaron a personalidades e institucións como a premio Nobel Rigoberta Menchú, o actor Antonio Banderas, a Fundación Real Madrid e as familias Kennedy, Mandela e Luther King.