A primeira edición do Premio de Poesía Camiño de Santiago xa ten xurado
Eduardo López Pereira, José Membrive, Rosalía Morlán, Armando Requeixo e José Manuel Blanco serán os encargados de decidir o gañador do galardón convocado pola Academia Xacobea
Santiago de Compostela. Venres 6 de setembro do 2019. A concesión do primeiro Premio de Poesía Camiño de Santiago, que convoca a Academia Xacobea, xa está un pouco máis preto. A entidade acaba de nomear de xeito formal aos integrantes do xurado encargado de valorar todos os orixinais presentados. O catedrático Eduardo López Pereira exercerá como presidente do xurado mentres que o editor Jose Membrive, a escritora Rosalía Morlán Vieites, o crítico literario Armando Requeixo Cuba e o xornalista e poeta Jose Manuel Blanco (Pati Blanco), serán os vogais. O secretario da Academia Xacobea, Ulises Bértolo, exercerá tamén de secretario do xurado, con voz pero sen voto.
O galardón está dotado cun premio económico de 1.500 euros e conta co patrocinio de Ediciones Carena e a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A obra premiada será publicada nunha edición binlingüe en galego e castelán.