Close

julio 4, 2019

“Camiño da paixóns”, a obra gañadora do primeiro premio de novela da Academia Xacobea chega ás librarías

O seu autor, Carlos Meixide, presentou esta tarde en Santiago a publicación acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; os académicos Xesús Palmou e Ulises Bértolo, e o editor Francisco Castro.

Segue aberto o prazo de entrega de orixinais para o primeiro certame de poesía convocado pola Academia Xacobea e a Consellería de Cultura e Turismo, que está dotado con 1.500 euros.

A primeira obra galardoada co Premio de Novela Camiño de Santiago xa está lista para chegar ás librarías. O Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acolleu esta tarde a posta de longo de Camiño de Paixóns, o texto co que o autor arousán afincado en Compostela Carlos Meixide inaugurou o elenco de premiados deste galardón creado pola Academia Xacobea coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo –a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais- e a Editorial Galaxia, e co patrocinio da empresa Naturgy. Meixide estivo acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que exerceu de anfitrión; o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou; o secretario desa institución e membro do xurado do galardón, Ulises Bértolo, e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro.

Valentín García expresou o seu agradecemento á Academia Xacobea “por apoiar e dinamizar a escrita no noso idioma propio por medio desta iniciativa, así como aos autores e autoras que teñen a lingua galega na base da súa creatividade”. O representante autonómico apuntou tamén que “a creatividade literaria é algo fondamente vencellado ao Camiño de Santiago desde tempos de Alfonso X ata agora” e augurou que a novela de Meixide non vai deixar indiferente a ninguén porque “é unha obra moderna e de creación fresca”.

Xesús Palmou lembrou que foron un total de 16 os orixinais presentados ao Premio de Novela Camiño de Santiago e explicou que o xurado decidiu de xeito unánime outorgar o galardón, e os 6.000 euros cos que está dotado, a Camiño de Paixóns e ao seu autor. O máximo responsable da Academia destacou a “calidade literaria e a riqueza argumental” do texto de Carlos Meixide e mostrou o seu convencemento de que terá unha boa acollida entre o público e de que contribuirá amplamente a cumprir os obxectivos que se fixou a Academia Xacobea coa convocatoria do galardón: difundir o Camiño de Santiago a través da literatura e promover a presenza da ruta xacobea nas letras en galego.

Nese senso, o editor Francisco Castro recoñeceu a existencia dunha eiva no terreo da ficción dentro da literatura relacionada co Camiño de Santiago e aplaudiu que coa súa iniciativa a Academia Galega contribúa a axudar a reverter esa situación. Castro explicou que cando a institución lle propuxo participar neste premio só tardou “10 ou 12 segundos” en decidirse e agradeceu tamén a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística porque, segundo explicou, “todo o que fagamos pola literatura galega será tempo ben investido polo noso país”. Con respecto á obra de Meixide, sinalou que é un “thriller con gran sorpresa final, extremadamente divertido, que se le moi ben”. Tamén incidiu na reivindicación das obras de ficción Ulises Bértolo, quen sinalou que este xénero non ten tido tanto predicamento na literatura xacobea coma moitos outros, pero que tamén pode xogar un papel importante para “aportar unha visión diferente do Camiño de Santiago e contribuír así tamén á súa promoción”.

O autor premiado recoñeceu que lle resulta difícil falar da súa novela sen aportar demasiada información e non caer nos famosos “spoilers”, pero si detallou dous momentos moi diferentes que gardan a relación de estar no xermolo da obra: a lectura das bases da convocatoria e a execución do líder da seita xaponesa da Verdade Suprema e o relato daqueles feitos que fixo o escritor nipón Haruki Murakami. Con respecto a Camiño de paixóns, Meixide recoñeceu que a protagonista da novela é o seu alter ego e sinalou que pese a vivir en Compostela sempre vira o Camiño como algo alleo, pero valorou o papel que a ruta xacobea ten como lugar de confluencia de “persoas de todo o mundo” e o seu carácter de “fenómeno cosmopolita”. “Interesábame facer unha novela na que puidesen coincidir persoas de moitas nacionalidades”, apuntou.

Ademais, Meixide amosou a súa “satisfacción” polo premio recibido e sinalou que supón un “refrendo importante” ao seu obxectivo de vivir da literatura en galego. “Agora teño a curiosidade por coñecer a resposta dos lectores”, finalizou.

Premio de Poesía Camiño de Santiago
No seu afán por promover a creación literaria vencellada ao Camiño de Santiago, a Academia Xacobea convocou en datas recentes e tamén en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo o seu primeiro premio de poesía, que se irá alternando co de novela de tal xeito que cada un deles terá unha periodicidade bianual. No caso do primeiro Premio de Poesía Camiño de Santiago, trátase dun galardón aberto á participación de autores de todo o mundo, que poden presentar os seus orixinais en galego ou castelán e cunha extensión de entre 450 e 550 versos. Os orixinais deben gardar relación coa ruta xacobea e inspirarse no tema “da vida como camiño”. O autor premiado recibirá 1.500 euros e a súa obra será publicada nunha edición bilingüe en castelán e galego pola editorial Carena. O prazo para presentar os orixinais estará aberto ata o 24 de agosto e a decisión do xurado anunciarase o 17 de setembro.


“Camino de la pasiones”, la obra ganadora del primero premio de novela de la Academia Xacobea llega a las librerías

Su autor, Carlos Meixide, presentó esta tarde en Santiago la publicación acompañado por el secretario general de Política Lingüística, Valentín García; los académicos Xesús Palmou y Olieras Bértolo, y el editor Francisco Castro.

Sigue abierto el plazo de entrega de originales para el primer certamen de poesía convocado por la Academia Xacobea y la Consellería de Cultura y Turismo, que está dotado con 1.500 euros.

La primera obra galardonada con el Premio de Novela Camino de Santiago ya está lista para llegar a las librerías. El Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acogió esta tarde la puesta de largo de camino de Pasiones, el texto con el que el autor arousano afincado en Compostela Carlos Meixide inauguró el elenco de premiados de este galardón creado por la Academia Xacobea con la colaboración de la Consellería de Cultura y Turismo –a través de la Secretaría General de Política Lingüística y de la Dirección General de Políticas Culturales- y la Editorial Galaxia, y con el patrocinio de la empresa Naturgy. Meixide estuvo acompañado por el secretario general de Política Lingüística, Valentín García, que ejerció de anfitrión; el presidente de la Academia Xacobea, Xesús Palmou; el secretario de esa institución y miembro del jurado del galardón, Olieras Bértolo, y el director general de la Editorial Galaxia, Francisco Castro.

Valentín García expresó su agradecimiento a la Academia Xacobea “por apoyar y dinamizar la escritura en nuestro idioma propio por medio de esta iniciativa, así como a los autores y autoras que tienen la lengua gallega en la base de su creatividad”. El representante autonómico apuntó también que “la creatividad literaria es algo muy vinculado al Camino de Santiago desde tiempos de Alfonso X hasta ahora” y auguró que la novela de Meixide no va a dejar indiferente a nadie porque “es una obra moderna y de creación fresca”.

Xesús Palmou recordó que fueron un total de 16 los originales presentados al Premio de Novela Camino de Santiago y explicó que el jurado decidió de manera unánime otorgar el galardón, y los 6.000 euros con los que está dotado, a Camino de Pasiones y a su autor. El máximo responsable de la Academia destacó la “calidad literaria y la riqueza argumental” del texto de Carlos Meixide y mostró su convencimiento de que tendrá una buena acogida entre lo público y de que contribuirá ampliamente a cumplir los objetivos que se fijó la Academia Xacobea con la convocatoria del galardón: difundir el Camino de Santiago a través de la literatura y promover la presencia de la ruta xacobea en las letras en gallego.

En ese sentido, el editor Francisco Castro reconoció la existencia de un defecto en el terreno de la ficción dentro de la literatura relacionada con el Camino de Santiago y aplaudió que con su iniciativa a Academia Gallega contribuya a ayudar a revertir esa situación. Castro explicó que cuando la institución le propuso participar en este premio solo tardó “10 o 12 segundos” en decidirse y agradeció también la colaboración de la Secretaría General de Política Lingüística porque, según explicó, “todo lo que hagamos por la literatura gallega será tiempo bien invertido por nuestro país”. Con respeto a la obra de Meixide, señaló que es un “ thriller con gran sorpresa final, extremadamente divertido, que se lee muy bien”. También incidió en la reivindicación de las obras de ficción Olieras Bértolo, quien señaló que este género no ha tenido tanto predicamento en la literatura xacobea como muchos otros, pero que también puede jugar un papel importante para “aportar una visión diferente del Camino de Santiago y contribuir así también a su promoción”.

El autor premiado reconoció que le resulta difícil hablar de su novela sin aportar demasiada información y no caer nos famosos “spoilers”, pero sí detalló dos momentos muy diferentes que guardan la relación de estar en el broto de la obra: la lectura de las bases de la convocatoria y la ejecución del líder de la secta japonesa de la Verdad Suprema y el relato de aquellos hechos que hizo el escritor japonés Haruki Murakami. Con respecto a Camino de pasiones, Meixide reconoció que la protagonista de la novela es su alter ego y señaló que pese a vivir en Compostela siempre había visto el Camino como algo ajeno, pero valoró el papel que la ruta xacobea tiene como lugar de confluencia de “personas de todo el mundo” y su carácter de “fenómeno cosmopolita”. “Me interesaba hacer una novela en la que pudieran coincidir personas de muchas nacionalidades”, apuntó.

Además, Meixide mostró su “satisfacción” por el premio recibido y señaló que supone un “ refrendo importante” a su objetivo de vivir de la literatura en gallego. “Ahora tengo la curiosidad por conocer la respuesta de los lectores”, finalizó.