Close

marzo 6, 2019

O reitor da USC, Antonio López, e o diplomático e xurista Marcelino Oreja incorpóranse á Academia Xacobea

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, presidiu o acto celebrado en Fonseca.

A institución xa traballa na organización para o próximo ano do primeiro Congreso Mundial Xacobeo.

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu no Salón Nobre de Fonseca o acto solemne de apertura de curso da Academia Xacobea e de investidura dos seus novos membros.

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López Díaz, e o xurista, político, empresario e diplomático Marcelino Oreja Aguirre incorporáronse á entidade como Académicos de Honor en representación do mundo universitario e institucional. “Dous intelectuais, dous europeístas que desde hoxe alumearán tamén os noso pasos e a nosa traxectoria”, dixo deles na  introdución do acto o presidente da Academia Xacobea. Xesús Palmou aproveitou tamén a súa intervención para lembrar parte do traballo desenvolvido pola institución no seu primeiro ano de vida, como a exitosa convocatoria do primeiro Premio de Novela Camiño de Santiago, e para avanzar algunhas das citas do seu calendario de actividades para o 2019.

A Academia Xacobea ten previsto intensificar a súas accións este ano celebrando sesións solemnes nas universidades de Vigo, A Coruña e Coimbra, na Casa de Galicia en Madrid, e no mosteiro de San Millán de la Cogolla con motivo da súa participación nos actos do Ano Xubilar de Santo Domingo de la Calzada. Ademais, os seus responsables traballan xa nos preparativos do primeiro Congreso Mundial Xacobeo, que se celebrará en Compostela o próximo ano como “contribución á promoción e difusión do Xacobeo 2012”. Palmou concluíu a súa intervención citando a Machado para facer partícipes a todos os presentes do espírito de “facer camiño ao andar”.

O secretario da Academia Xacobea, Ulises Bértolo, foi o encargado de explicar os méritos dos dous novos Académicos de Honra da institución, dos que destacou a súa “extraordinaria traxectoria profesional” e o “respecto e a admiración que a Academia” sente por eles. Bértolo fixo un repaso pormenorizado das carreiras de ambos antes de que a conselleira de Educación procedese a facerlles entrega das medallas e os diplomas correspondentes.

Os novos académicos mostraron o seu agradecemento á Academia Xacobea e a súa vontade de traballar polo Camiño. Antonio López dixo non ser merecedor do recoñecemento da Academia Xacobea, e aínda que  apuntou que xa conta con tres compostelas por ter percorrido outras tantas veces a ruta cara a Compostela e a súa prolongación ata Fisterra, asumiu o seu nomeamento como Académico de Honra como unha consecuencia da súa condición de reitor da Universidade de Santiago. López fixo fincapé nos estreitos vínculos que a institución educativa mantén desde a súa fundación, hai xa máis de medio milenio, coa ruta cara a Santiago e lembrou que o Hospital Real naceu case ao mesmo tempo que a propia USC e que ata o século pasado estivo ligado á Facultade de Medicina. Ademais, tivo palabras de recoñecemento para Marcelino Oreja, a quen cualificou de “toda unha autoridade no Camiño e nos camiños”. Pola súa banda, o diplomático, dixo sentir “unha gran emoción difícil de transmitir” e felicitou á Academia Xacobea polo labor que está a desenvolver. “Nestes comezos da súa vida, está marcando xa o camiño que debe seguir e alumeando unha tarefa espléndida”. Oreja contou que os seus vencellos co Camiño se remontan aos veráns da infancia en Roncesvalles e ao exame de grado de licenciatura en Salamanca, no que lle preguntaron pola ruta xacobea, e que o trouxo ata Santiago para agradecerlle ao Apóstolo a nota obtida. Explicou que desde entón o Camiño estivo sempre moi presente na súa vida e lembrou o papel que desenvolveu desde o seu posto de secretario xeral do Consello de Europa para que obtivese un recoñecemento e como os ecos daquel traballo chegaron a países tan distintos coma Gran Bretaña, Liechtenstein ou Islandia. “Sempre me atoparán preto do Camiño e preto de Galicia”, dixo para pechar a súa intervención.

A conselleira de Educación tamén tivo palabras de agradecemento para os dous novos Académicos de Honra e animounos a contribuír a levar a cabo o traballo da institución da que hoxe pasaron a formar parte. “Ten por diante o magno labor de analizar e interpretar un fenómeno tan complexo como é o Xacobeo”, sinalou Carmen Pomar sobre a Academia antes de  incidir en que a peregrinación a Santiago se ten convertido xa nun “acontecemento global” e nun “fenómeno transversal” ao abrirse “á universalidade e á confluencia de persoas crentes e non crentes e procedentes dos cinco continentes”. Pomar lembrou que xa Cunqueiro sinalou que o Camiño a Santiago era “o máis europeo de todos os camiños” e destacou o papel de Compostela como gran “receptora da cultura europeísta”. A conselleira animou á Academia Xacobea a seguir adiante co seu traballo e mesmo lle propuxo o reto de investigar non só nos Camiños a Santiago, senón tamén nos Camiños de Santiago afondando na iconografía que o culto ao Apóstolo espertou por toda España.

A vicepresidenta da Academia Xacobea, Josefa Sanz Fuentes, tomou a palabra tamén para pronunciar a lección maxistral desta apertura de curso, que tivo por título A Academia no Camiño. A tamén catedrática da Universidade de Oviedo remontouse á Grecia clásica para explicar a orixe da Academia platónica, percorreu a historia do Camiño amosando os seus numerosos significados e botou man do dicionario para atopar os puntos en común entre ambos conceptos e demostrar á necesidade “dunha Academia no Camiño”. Josefa Sanz destacou que a institución reúne a xentes de distintos saberes e procedencias diversas co obxectivo de acometer traballos sobre o ámbito xacobeo desde ópticas moi diferentes e co fin último de que o Camiño manteña viva a esencia de ser a un tempo “algo antigo, algo histórico, algo vivo e algo con futuro”.

O acto congregou a unha nutrida representación do mundo institucional, cultural e social de Galicia. Entre os presentes estiveron os presidentes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cárdenas; do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, da Real Academia de Veterinaria, Antonio Crespo; e da Fundación Castelao, Carlos Mella. Tamén asistiron a Valedora do Pobo, Milagros Otero; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; ademais doutros representantes do mundo universitario; a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira; alcaldes e concelleiros dos municipios do Camiño, e membros do Consello de Contas.

El rector de la USC, Antonio López, y el diplomático y jurista Marcelino Oreja se incorporan a la Academia Xacobea

La conselleira de Educación, Universidad y Formación Profesional, Carmen Pomar, presidió en el Salón Noble de Fonseca el acto solemne de apertura de curso de la Academia Xacobea y de investidura de sus nuevos miembros.

El rector de la Universidad de Santiago, Antonio López Díaz, y el jurista, político, empresario y diplomático Marcelino Oreja Aguirre se incorporaron a la entidad como Académicos de Honor en representación del mundo universitario e institucional. “Dos intelectuales, dos europeístas que desde hoy alumbrarán también nuestros pasos y nuestra trayectoria”, dijo de ellos en la introducción del acto el presidente de la Academia Xacobea. Xesús Palmou aprovechó también su intervención para recordar parte del trabajo desarrollado por la institución en su primer año de vida, como la exitosa convocatoria del primer Premio de Novela Camino de Santiago, y para avanzar algunas de las citas de su calendario de actividades para el 2019.

La Academia Xacobea ha previsto intensificar sus acciones este año celebrando sesiones solemnes en las universidades de Vigo, A Coruña y Coímbra, en la Casa de Galicia en Madrid, y en el monasterio de San Millán de la Cogolla con motivo de su participación en los actos del Año Jubilar de Santo Domingo de la Calzada. Además, sus responsables trabajan ya en los preparativos del primer Congreso Mundial Xacobeo, que se celebrará en Compostela el próximo año como “contribución a la promoción y difusión del Xacobeo 2012”. Palmou concluyó su intervención citando a Machado para hacer partícipes a todos los presentes del espíritu de “hacer camino al andar”.

El secretario de la Academia Xacobea, Ulises Bértolo, fue el encargado de explicar los méritos de los dos nuevos Académicos de Honra de la institución, de los que destacó su “extraordinaria trayectoria profesional” y el “respeto y la admiración que la Academia” siente por ellos. Bértolo hizo un repaso pormenorizado de las carreras de ambos antes de que la conselleira de Educación procediera a hacerles entrega de las medallas y los diplomas correspondientes.

Los nuevos académicos mostraron su agradecimiento a la Academia Xacobea y su voluntad de trabajar por el Camino. Antonio López dijo no ser merecedor del reconocimiento de la Academia Xacobea, y aunque apuntó que ya cuenta con tres compostelas por tener recorrido otras tantas veces la ruta hacia Compostela y su prolongación hasta Fisterra, asumió su nombramiento como Académico de Honor como una consecuencia de su condición de rector de la Universidad de Santiago. López hizo hincapié en los estrechos vínculos que la institución educativa mantiene desde su fundación, hace ya más de medio milenio, con la ruta hacia Santiago y recordó que el Hospital Real nació casi al mismo tiempo que la propia USC y que hasta el siglo pasado estuvo ligado a la Facultad de Medicina. Además, tuvo palabras de reconocimiento para Marcelino Oreja, a quien calificó de “toda una autoridad en el Camino y en los caminos”. Por su parte, el diplomático, dijo sentir “una gran emoción difícil de transmitir” y felicitó a la Academia Xacobea por la labor que está desarrollando. “En estos comienzos de su vida, está marcando ya el camino que debe seguir y alumbrando una tarea espléndida”. Oreja contó que sus lazos con el Camino se remontan a los veranos de la infancia en Roncesvalles y al examen de grado de licenciatura en Salamanca, en el que le preguntaron por la ruta xacobea, y que lo trajo hasta Santiago para agradecerle al Apóstol la nota obtenida. Explicó que desde entonces el Camino estuvo siempre muy presente en su vida y recordó el papel que desarrolló desde su puesto de secretario general del Consejo de Europa para que obtuviera un reconocimiento y cómo los ecos de aquel trabajo llegaron a países tan distintos como Gran Bretaña, Liechtenstein o Islandia. “Siempre me encontrarán cerca del Camino y cerca de Galicia”, dijo para cerrar su intervención.

La conselleira de Educación también tuvo palabras de agradecimiento para los dos nuevos Académicos de Honor y los animó a contribuir a llevar a cabo el trabajo de la institución de la que hoy pasaron a formar parte. “Tiene por delante la magna labor de analizar e interpretar un fenómeno tan complejo como es el Xacobeo”, señaló Carmen Pomar sobre la Academia antes de incidir en que la peregrinación a Santiago se ha convertido ya en un “acontecimiento global” y en un “fenómeno transversal” al abrirse “a la universalidad y a la confluencia de personas creyentes y no creyentes y procedentes de los cinco continentes”. Pomar recordó que ya Cunqueiro señaló que el Camino a Santiago era “el más europeo de todos los caminos” y destacó el papel de Compostela como gran “receptora de la cultura europeísta”. La conselleira animó a la Academia Xacobea a seguir adelante con su trabajo e incluso le propuso el reto de investigar no solo en los Caminos a Santiago, sino también en los Caminos de Santiago ahondando en la iconografía que el culto al Apóstol despertó por toda España.

La vicepresidenta de la Academia Xacobea, Josefa Sanz Fuentes, tomó la palabra también para pronunciar la lección magistral de esta apertura de curso, que tuvo por título La Academia en el Camino. La también catedrática de la Universidad de Oviedo se remontó a la Grecia clásica para explicar el origen de la Academia platónica, recorrió la historia del Camino mostrando sus numerosos significados y echó mano del diccionario para encontrar los puntos en común entre ambos conceptos y demostrar la necesidad “de una Academia en el Camino”. Josefa Sanz destacó que la institución reúne a gentes de distintos saberes y orígenes diversos con el objetivo de acometer trabajos sobre el ámbito xacobeo desde ópticas muy diferentes y con el fin último de que el Camino mantenga viva la esencia de ser al mismo tiempo “algo antiguo, algo histórico, algo vivo y algo con futuro”.

El acto congregó a una nutrida representación del mundo institucional, cultural y social de Galicia. Entre los presentes estuvieron los presidentes del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Miguel Ángel Cárdenas; del Consello da Cultura Gallega, Rosario Álvarez; de la Real Academia Gallega, Víctor Freixanes, de la Real Academia de Veterinaria, Antonio Crespo; y de la Fundación Castelao, Carlos Mella. También asistieron la Defensora del Pueblo, Milagros Otero; el secretario general de Política Lingüística, Valentín García; el rector de la Universidad de A Coruña, Julio Abalde; además de otros representantes del mundo universitario; la comisaria del Xacobeo, Cecilia Pereira; alcaldes y concejales de los municipios del Camino, y miembros del Consejo de Cuentas.