Close

diciembre 18, 2018

O escritor e xornalista Carlos Meixide, primeiro gañador do Premio de Novela Camiño de Santiago

A Cidade da Cultura foi escenario esta tarde do acto de entrega do Primeiro Premio de Novela Camiño de Santiago. O escritor e xornalista Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa, 1977) abriu coa obra Camiño de Paixóns o palmarés deste galardón literario convocado pola Academia Xacobea coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, e o patrocinio da empresa Naturgy.

A música do cantautor Manoele de Felisa e a lembranza ao presidente da Fundación Neira Vilas, Luís Reimóndez Fernández, recentemente falecido e polo que se gardou un minuto de silencio, marcaron o inicio dun acto no que, ademais do premiado, tomaron a palabra o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou; o director de Galaxia, Francisco Castro; o delegado de Naturgy en Galicia, Manuel Fernández Pellicer, e o secretario da Academia, Ulises Bértolo, encargado de ler a acta coa decisión do xurado.

Meixide, que concorreu ao premio co pseudónimo Corinna Marx, converteuse no 2005 no autor da primeira obra en galego editada en Internet, O home invisible, e ten publicado outros títulos como Ons, Ingee Robbie, A memoria dos meus pasos e Arousa, entre outros. Tamén forma parte do grupo musical satírico Os da Ría. Tras recoller o galardón de mans do responsable de Cultura, Meixide sinalou a súa sorpresa por ter sido premiado e mostrou o seu agradecemento aos convocantes polo “recoñecemento no eido económico, pero sobre todo no literario. Espero que a novela sexa unha digna gañadora desta primeira edición e que veñan moitas máis”, apuntou o autor, que definiu Camiño de Paixóns como unha “novela de entretemento e evasión”, ligada á literatura “pulp” e na que se abordan temas moi diversos.

Francisco Castro explicou que só tardou “10 ou 12 segundos” en sumarse ao proxecto deste premio cando lle foi proposto pola Academia Xacobea porque a difusión da cultura galega está no ADN de Galaxia. O director da editorial destacou o alto nivel de todas as obras presentadas e anunciou que a novela estará nas librarías, tanto en galego como en castelán, antes do próximo verán. Castro asegurou tamén que os lectores engancharanse rapidamente as peripecias das personaxes da novela de Meixide. O responsable de Naturgy en Galicia incidiu no apego da empresa enerxética á terra. ”Eu levo moitos anos fóra de Galicia, pero o Camiño de Santiago sempre foi algo que me vencellou á terra”, asegurou Manuel Fernández Pellicer. Por iso, anunciou a vontade da empresa de seguir colaborando nas próximas edicións do galardón.

O premio, dotado con 6.000 euros, naceu para dar cumprimento a un dos obxectivos da Academia Xacobea, a difusión do Camiño no eido literario, segundo explicou o seu presidente.

Xesús Palmou agradeceu a colaboración de todas as institucións e entidades que fixeron posible unha convocatoria que cualificou de grande éxito tanto polo número de orixinais presentados como pola súa calidade. Detallou que 16 autores concorreron ao premio e que dous novelas mesmo foron enviadas desde o outro lado do Atlántico (Arxentina e Colombia), e anunciou que as bases da segunda edición do certame serán presentadas xa o próximo mes de xaneiro para favorecer unha participación aínda maior.

“Agardamos que a entrega deste premio, que é un bo exemplo de colaboración publica privada, sexa o primeiro paso dun Camiño longo co que se poida ir completando progresivamente unha biblioteca literaria coa que premiar a autores de referencia como Carlos Meixide”, apuntou o conselleiro de Cultura, quen tamén destacou a importancia da labor das editoriais e do compromiso das empresas co eido creativo, e o traballo de colectivos e asociacións no eido da cultura. Román Rodríguez incidiu ademais nos innumerables valores da Ruta Xacobea e sinalou que todo o que se faga para darlle aínda máis valor “é tremendamente positivo”. “Todo o que fagamos como sociedade para potenciar os valores do Camiño suporá potenciar o futuro”, apuntou o conselleiro nunha intervención na que tamén houbo palabras de lembranza para Luís Reimóndez.

Manoele de Felisa, que abrira o acto cun poema de Neira Vilas, foi o encargado de pechalo interpretando dous romances que propiciaron un prolongado aplauso por parte do público que se deu cita na Cidade da Cultura.

Entre os presentes estiveron o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Branca Novoneyra; o presidente do Consello Consultivo, José Luis Costa; os xerentes do Xacobeo e do Consorcio de Santiago, Rafael Sánchez e Belén Hernández, e outras autoridades, entre elas varios alcaldes dos municipios polos que pasa o Camiño de Santiago, ademais de representantes de distintas fundacións dos eidos social e cultural.

El escritor y periodista Carlos Meixide, primer ganador del Premio de Novela Camino de Santiago

La Cidade da Cultura fue escenario esta tarde del acto de entrega del Primer Premio de Novela Camino de Santiago. El escritor y periodista Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa, 1977) abrió con la obra Camiño de Paixóns el palmarés de este galardón literario convocado por la Academia Xacobea con la colaboración de la Consellería de Cultura y Turismo, la Secretaría General de Política Lingüística y la Editorial Galaxia, y el patrocinio de la empresa Naturgy. La música del cantautor Manoele de Felisa y el recuerdo al presidente de la Fundación Neira Vilas, Luis Reimóndez Fernández, recién fallecido y por el que se guardó un minuto de silencio, marcaron el inicio de un acto en el que, además del premiado, tomaron la palabra el conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; el presidente de la Academia Xacobea, Xesús Palmou; el director de Galaxia, Francisco Castro; el delegado de Naturgy en Galicia, Manuel Fernández Pellicer, y el secretario de la Academia, Ulises Bértolo, encargado de leer el acta con la decisión del jurado.

Meixide, que concurrió al premio con el seudónimo Corinna Marx, se convirtió en el 2005 en el autor de la primera obra en gallego editada en Internet, O home invisible, y ha publicado otros títulos como Ons, Inge e Robbie, A memoria dos meus pasos y Arousa, entre otros. También forma parte del grupo musical satírico Os da Ría. Tras recoger el galardón de manos del responsable de Cultura, Meixide señaló su sorpresa por haber sido premiado y mostró su agradecimiento a los convocantes por el “reconocimiento en el campo económico, pero sobre todo en el literario. Espero que la novela sea una digna ganadora de esta primera edición y que vengan muchas más”, apuntó el autor, que definió Camiño de Paixóns como una “novela de entretenimiento y evasión”, ligada a la literatura “pulp” y en la que se abordan temas muy diversos.

Francisco Castro explicó que solo tardó “10 o 12 segundos” en sumarse al proyecto de este premio cuando le fue propuesto por la Academia Xacobea porque la difusión de la cultura gallega está en el ADN de Galaxia. El director de la editorial destacó el alto nivel de todas las obras presentadas y anunció que la novela estará en las librerías, tanto en gallego como en castellano, antes del próximo verano. Castro aseguró también que los lectores se engancharán rápidamente a las peripecias de los personajes de la novela de Meixide. El responsable de Naturgy en Galicia incidió en el apego de la empresa energética a la tierra. ”Yo llevo muchos años fuera de Galicia, pero el Camino de Santiago siempre fue algo que me vinculó a la tierra”, aseguró Manuel Fernández Pellicer. Por eso, anunció la voluntad de la empresa de seguir colaborando en las próximas ediciones del galardón.El premio, dotado con 6.000 euros, nació para dar cumplimiento a uno de los objetivos de la Academia Xacobea, la difusión del Camino en el campo literario, según explicó su presidente.


Xesús Palmou agradeció la colaboración de todas las instituciones y entidades que hicieron posible una convocatoria que calificó de gran éxito tanto por el número de originales presentados como por su calidad. Detalló que 16 autores concurrieron al premio y que dos novelas incluso fueron enviadas desde el otro lado del Atlántico (Argentina y Colombia), y anunció que las bases de la segunda edición del certamen serán presentadas ya el próximo mes de enero para favorecer una participación aún mayor.


“Esperamos que la entrega de este premio, que es un buen ejemplo de colaboración público-privada, sea el primer paso de un Camino largo con el que se pueda ir completando progresivamente una biblioteca literaria con la que premiar a autores de referencia como Carlos Meixide”, apuntó el conselleiro de Cultura, quien también destacó la importancia de la labor de las editoriales y del compromiso de las empresas con el campo creativo, y el trabajo de colectivos y asociaciones en el campo de la cultura. Román Rodríguez incidió además en los innumerables valores de la Ruta Xacobea y señaló que todo lo que se haga para darle aun más valor “es tremendamente positivo”. “Todo lo que hagamos como sociedad para potenciar los valores del Camino supondrá potenciar el futuro”, apuntó el conselleiro en una intervención en la que también hubo palabras de recuerdo para Luis Reimóndez.

Manoele de Felisa, que había abierto el acto con un poema de Neira Vilas, fue el encargado de cerrarlo interpretando dos romances que propiciaron un prolongado aplauso por parte del público que se dio cita en la Cidade da Cultura. Entre los presentes estuvieron el rector de la Universidad de Santiago, Antonio López; la concejal de Acción Cultural del Ayuntamiento de Santiago, Branca Novoneyra; el presidente del Consejo Consultivo, José Luis Costa; los gerentes del Xacobeo y del Consorcio de Santiago, Rafael Sánchez y Belén Hernández, y otras autoridades, entre ellas varios alcaldes del municipios por los que pasa el Camino de Santiago, además de representantes de distintas fundaciones de los campos social y cultural.