Close

noviembre 20, 2018

O xurado do I Premio de Novela Camiño de Santiago selecciona as catro obras finalistas

Reunido onte na cidade de Santiago de Compostela, o xurado da primeira edición do Premio de Novela Camiño de Santiago decidiu declarar catro obras finalistas. O título do orixinal que recibirá este galardón convocado pola Academia Xacobea coa colaboración de Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Naturgy e a Editorial Galaxia darase a coñecer o vindeiro 17 de decembro.

As catro obras seleccionadas entre todas as aspirantes son as presentadas baixo os lemas “El juego de la Coca”, “Camiño de Paixón”, “Ego Sum” e “Ecúmene”. Calquera delas pode acadar o premio de 6.000 euros co que está dotado o galardón. A novela gañadora será publicada pola editorial
Galaxia tanto en galego como en castelán grazas á colaboración de Política Lingüística.

O xurado está composto polo presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou; o escritor Ulises Bértolo; a responsable de Relacións Institucionais e Comunicación de Naturgy en Galicia, Amalia Baltar; o catedrático de historia da Universidade de Santiago, Pegerto Saavedra; a escritora Rosalía Morlán; e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro. Todos eles reuniranse para escoller a obra gañadora o vindeiro luns 3 de decembro, aínda que non será ata o día 17 dese mes cando se dará a coñecer o título e a autora ou autor afortunados. A entrega do galardón terá lugar ese mesmo día nun acto na Cidade da Cultura que contará coa presenza dos representantes das entidades convocantes.

A primeira edición do galardón tivo moi boa acollida posto que foron 15 os orixinais presentados e chegados desde procedencias diversas como Galicia, Cataluña, o País Vasco, Salamanca, Valladolid e mesmo Arxentina.


El jurado del I Premio de Novela Camino de Santiago selecciona las cuatro obras finalistas

Reunido ayer en la ciudad de Santiago de Compostela, el jurado de la primera edición del Premio de Novela Camino de Santiago decidió declarar cuatro obras
finalistas. El título del original que recibirá este galardón convocado por la Academia Xacobea con la colaboración de la Consellería de Cultura y Turismo de la Xunta de Galicia, la Secretaría Xeral de Política Lingüística, Naturgy y la Editorial Galaxia se dará a conocer el próximo 17 de diciembre.

Las cuatro obras seleccionadas entre todas las aspirantes son las presentadas bajo los lemas “El juego de la Coca”, “Camiño de Paixón”, “Ego Sum” y “ Ecúmene”. Cualquiera de ellas puede conseguir el premio de 6.000 euros con el que está dotado el galardón. La novela ganadora será publicada por editorial Galaxia tanto en gallego como en castellano gracias a la colaboración de Política Lingüística.

El jurado está compuesto por el presidente de la Academia Xacobea, Xesús Palmou; el escritor Ulises Bértolo; la responsable de Relaciones Institucionales y Comunicación de Naturgy en Galicia, Amalia Baltar; el catedrático de historia de la Universidad de Santiago, Pegerto Saavedra; la escritora Rosalía Morlán; y el director general de Editorial Galaxia, Francisco Castro. Todos ellos se reunirán para escoger la obra ganadora el próximo lunes 3 de diciembre, aunque no será hasta el día 17 de ese mes cuando se dará a conocer el título y la autora o autor afortunados. La entrega del galardón tendrá lugar ese mismo día en un acto en la Cidade da Cultura que contará con la presencia de los representantes de las entidades convocantes.

La primera edición del galardón tuvo muy buena acogida puesto que fueron 15 los originales presentados y llegados desde orígenes diversos como Galicia, Cataluña, el País Vasco, Salamanca, Valladolid y mismo Argentina.